Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

19/03/20 | 10:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación publica unha guía para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases polo COVID-19

O Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) porá esta información a disposición dos docentes

18/03/20 | 16:22 | A Presidencia da Xunta

O Centro de Coordinación Operativa habilita máis medios e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do virus

Feijóo destaca que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario

18/03/20 | 14:03 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 333 casos infectados por coronavirus

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

17/03/20 | 19:00 | C. de Sanidade

O teléfono gratuíto 900 400 116 refórzase desde hoxe coa incorporación de ata 100 teleoperadores para axilizar a atención ás consultas sobre o coronavirus

O reforzo realizarase de luns a venres, en horario de 9,00 a 21,00 horas no que se está a recibir o maior número de chamadas

17/03/20 | 18:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada ao presidente do Goberno de España tres propostas prioritarias para seguir traballando na prevención e contención do coronavirus

“Necesitamos unha resposta rápida e que se nos mande material para seguir traballando con seguridade”, di

17/03/20 | 15:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa estuda cos seus homólogos e o CSD as medidas para optimizar os efectos positivos e minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma no eido deportivo

O secretario xeral confía en que os deportistas “comportaranse neste tempo coa mesma responsabilidade coa que o fan en cada competición. Son tempos difíciles de quedar na casa e colaborar para previr os contaxios. Cumprindo todas as instrucións, de seguro que pronto volveremos á normalidade”

17/03/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa Federación Galega de Comercio as medidas de prevención no sector fronte ao coronavirus

Abordaron os apoios solicitados desde Galicia ao Goberno, como o aprazamento de impostos e taxas; axudas para dotar de liquidez ao tecido produtivo e a bonificación do 100 por cento da cota de autónomos; ao tempo que a Xunta estuda como complementar estas iniciativas con apoios no eido laboral e económico

17/03/20 | 07:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita ao Goberno máis Equipos de Protección Individual para os servizos de emerxencia e Protección Civil

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha videoconferencia co ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska; os conselleiros da área do resto de comunidades autónomas; e os delegados de Goberno

16/03/20 | 19:37 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 34 persoas por 25 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 13 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 15 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 35 chamadas por accidentes de tráfico