Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

06/05/20 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a reforma da rotonda de acceso ao polígono Chan da Ponte mellorando a accesibilidade ao parque empresarial de Salvaterra de Miño

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, permitiu incrementar o diámetro da glorieta para que as manobras dos vehículos pesados se poidan realizar en condicións máis cómodas e seguras

06/05/20 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/05/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/05/20 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta e o Concello acadan un principio de acordo sobre o convenio de colaboración para o impulso do novo hospital público da Coruña

O Goberno galego remitiralle de forma inmediata á Administración local unha nova proposta de convenio que reflicta os aspectos acordados hoxe, co obxectivo de que poida ser asinado o antes posible

05/05/20 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta roza as marxes de case 1.500 quilómetros de estradas luguesas para mellorar a seguridade viaria

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos teñen un orzamento de 643.500 euros e rematarán a finais de xuño

05/05/20 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-552 ao seu paso polo concello de Nigrán, cun investimento autonómico de 320.000 euros

Os traballos céntranse na supresión dun treito de concentración de accidentes, en 3,2 quilómetros dende o punto 10+600 ao 13+800, e o obxectivo é telos rematos este mesmo ano

05/05/20 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense por máis de 523.000 euros e avanza na nova estación intermodal que estará rematada a finais deste verán

As empresas poden presentar ata o 2 de xuño as súas ofertas para realizar os traballos de demolición da estación, que terán un prazo de execución de 4 meses

04/05/20 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas das obras de reforzo do firme de tres estradas autonómicas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, de máis de 1,25 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma

04/05/20 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución da mellora do firme na autovía Ferrol-Vilalba, no tramo que vai do enlace de Cabreiros ao enlace coa A-8, en Lugo

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 1,3 millóns de euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma

04/05/20 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre o prazo de presentación de ofertas para a execución dos itinerarios peonís e ciclistas en Fontán e entre Mandín e As Torres, nos concellos de Sada e Oleiros

Reactívase o procedemento de licitación deste contrato, cun investimento duns 470.000 euros, suspendido inicialmente coa declaración do estado de alarma