Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

22/03/20 | 12:03 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 885 casos infectados por coronavirus

Un total de 16 persoas xa foron dadas de alta, dez máis que no día de onte

21/03/20 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta puxo en marcha un Posto de Mando Avanzado na delegación territorial de Ourense para coordinar as accións na provincia durante o estado de alarma

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,presidiu a reunión de constitución deste equipo composto por representantes de xefaturas territoriais, de emerxencias e da policía autonómica

21/03/20 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta constitúe o Posto de Mando Avanzado da provincia de Lugo co obxecto de coordinar a mellor resposta para a prevención e seguimento da pandemia por coronavirus

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, presidiu a primeira reunión deste organismo no que están integradas todas as consellerías e tamén representantes dos servizos de Emerxencia e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica

21/03/20 | 16:41 | C. de Sanidade

O reforzo do teléfono gratuíto 900 400 116 de información sobre o coronavirus amplía o seu horario de 8,00 a 24,00 horas todos os días da semana

Desde o pasado martes, esta liña 900 incorporou ata 100 teleoperadores máis para axilizar as solicitudes de información e as consultas relacionadas de xeito exclusivo con esta enfermidade

21/03/20 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta puxo en marcha un Posto de Mando Avanzado na delegación territorial da Coruña para coordinar as accións na provincia durante o estado de alarma

Este equipo está composto polo delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, representantes de todas as xefaturas territoriais, de emerxencias e da policía autonómica

21/03/20 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade urxente de equipos de protección individual para os profesionais sanitarios na loita contra o coronavirus

O Centro de Coordinación Operativa acordou na súa reunión de hoxe permitir a ocupación en vehículos con máis dun traballador nos desprazamentos laborais de sectores críticos que manteñen a súa actividade

21/03/20 | 12:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 721 casos infectados por coronavirus

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

21/03/20 | 10:12

A Xunta propón unha programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue

Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online