Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/05/20 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezasete empresas presentan a súas ofertas para executar as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 1,1 millóns de euros, conta cun prazo de execución de 5 meses

11/05/20 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta finalizará este verán os centros de saúde de Paderne de Allariz e do Pereiro de Aguiar, en Ourense, nos que inviste máis de 1,7 millóns de euros

O novo centro de saúde de Paderne de Allariz, cun investimento de 625.000 euros, xa se atopa a máis dun 80% da súa execución total

11/05/20 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de execución dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-133, entre Franza e Rilo, no concello de Mugardos

Construirase unha senda paralela a esta vía, de 2,5 metros de ancho, que se estenderá pola súa marxe dereita, do punto quilométrico 7+200 ao 8+550, e pola esquerda, desde o punto 9+820 ao 9+910

10/05/20 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns obras de renovación da rede de pluviais na beiravía da estrada AC-429, en Cabana de Bergantiños

As actuacións, cun investimento de máis de 46.000 euros, contan cun prazo de execución dun mes

10/05/20 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras do novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas obrigan ao corte, desde este luns e ata o día 22, do ramal de saída da A-52 en dirección Benavente

Para avanzar nos traballos é preciso actuar na totalidade do ramal polo que se habilitará un desvío alternativo para dar servizo aos usuarios da estrada

09/05/20 | 10:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-214, ao seu paso polo concello de Pontecesures

Esta intervención, cun orzamento de máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns dous meses

08/05/20 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Umia, Bermaña, Chaín e Rego de Follente, nos concellos de Caldas de Reis e Portas

Os traballos están a desenvolverse en distintos tramos destes ríos ao longo de preto de 10,5 quilómetros ao seu paso polas parroquias de Santo André, Santa Mariña, Santa María de Fora, Santo Estevo, Santo Tomás e Santa María

08/05/20 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil no Cancelo, no concello da Laracha, que facilitará a mobilidade dos veciños

Estas actuacións, cun investimento de case 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses

07/05/20 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/05/20 | 17:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade na vía de alta capacidade entre Sarria e Monforte coa instalación de balizas de separación entre sentidos de circulación

As actuacións en marcha dispoñen dun investimento autonómico de preto de 120.000 euros e o obxectivo e telas rematadas este mesmo mes de maio