Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

14/05/20 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade urxe a Adif a desbloquear o inicio das obras dos accesos á estación intermodal de Vigo

Os accesos, que o Concello de Vigo prevía iniciar en marzo, non poden empezar a executarse porque o Goberno de España non aprobou aínda o acordo para o seu cofinanciamento

14/05/20 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/05/20 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia hoxe as obras que completan o reforzo de firme en distintos treitos da estrada autonómica PO-313, ao seu paso polos concellos de Moaña e Marín

Actuarase entre San Tomé de Piñeiro e Broullón, puntos quilométricos 7 e 12, e en Quintela, dende o punto quilométrico 15+900 ata o 16+420

13/05/20 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza ao maior ritmo na ampliación do Hospital de Ferrol, no que inviste 56 M€, facendo compatibles os traballos co mantemento da actividade sanitaria

O proxecto inclúe a remodelación dos hospitais Naval e Arquitecto Marcide e a construción de dous novos edificios, un 54% máis de superficie hospitalaria

13/05/20 | 11:59

Medio Ambiente investirá preto de 72.000 euros na pavimentación e mellora da rúa República Arxentina de Noia

A conselleira Ángeles Vázquez mantivo hoxe unha videoconferencia co alcalde noiés tras asinar electronicamente un convenio entre Xunta e Concello para cofinanciar as obras

12/05/20 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xustifica ante o Goberno de España a solicitude de compensación de 8 millóns de euros para o transporte público polo impacto no sector das restriccións da mobilidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trasladou información relativa aos contratos e aos quilómetros que cada ano percorren as concesións de transporte público de titularidade da Xunta

12/05/20 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o Ministerio de Transportes retrase agora ata 2021 a licitación das obras da estación intermodal da Coruña anunciada hai case un ano

Os representantes de Adif trasladaron hoxe a necesidade de actualizar o proxecto construtivo da terminal ferroviaria, que non poderá estar rematado ata comezos do vindeiro ano

12/05/20 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de doce empresas presentan as súas ofertas para a execución das obras de mellora da rúa Marcelo Macías, en Ourense, cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros

Esta actuación dispón dun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é poder iniciala a finais de verán

12/05/20 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma a execución de preto de 30 obras públicas en todas as comarcas da provincia, que supoñen un investimento duns 138 millóns de euros

En todos os casos téñense que cumprir de forma estrita as medidas sanitarias ante a epidemia de coronavirus para garantir a saúde dos traballadores

11/05/20 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a actualización do proxecto de mellora de accesibilidade ao coto de pesca Xallas–Beba, nos concellos de Dumbría e Mazaricos

Este contrato, cun investimento autonómico duns 6.500 euros, desenvolverá dous proxectos construtivos coas solucións en cada municipio para a rehabilitación dos antigos pasos de pescadores