Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

27/03/20 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon a disposición dos concellos da área territorial da Delegación de Pontevedra 62.759 unidades de protección

Repartíronse 13.242 mascarillas e 47.580 guantes, así como 102 gafas e 1.835 buzos, atendendo as peticións máis urxentes que os municipios trasladaron a través da FEGAMP

27/03/20 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva posto a disposición dos concellos da provincia ourensá 40.400 unidades de protección contra o coronavirus

Este reparto, que se está a realizar en colaboración da FEGAMP, atendeu as peticións máis urxentes trasladadas polos municipios ourensáns

27/03/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte entre os concellos e residencias da área territorial de Vigo 47.721 unidades de material de protección

Desde as delegacións territoriais estase así atendendo ás peticións máis urxentes dos centros residenciais públicos e ás que os municipios trasladaron á FEGAMP

27/03/20 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon a disposición dos concellos da provincia 53.200 unidades de protección nos primeiros días de reparto

Distribuíronse 8.000 mascarillas, 42.200 guantes e 3.000 traxes de protección

27/03/20 | 11:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.211 casos infectados por coronavirus

Un total de 67 persoas xa foron dadas de alta

26/03/20 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a incorporación de ata 358 profesionais sanitarios que se suman aos máis de 39.000 que ten o Sergas e novas medidas económicas para dotar de liquidez á Comunidade

Avanza tamén un reforzo en material con novas contratacións para adquirir máis mascarillas cirúrxicas, máis máscaras respiratorias, máis batas de alta protección, máis botellas de solución desinfectante “e todos os test que se poidan conseguir”

26/03/20 | 11:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.832 casos infectados por coronavirus

Un total de 47 persoas xa foron dadas de alta

25/03/20 | 14:01

Galicia pon 157 aloxamentos turísticos a disposición de traballadores desprazados, persoas en tránsito ou especialmente vulnerables durante a crise do coronavirus

A Xunta ofrece así unha alternativa aos 829 afectados polo peche de establecementos adoptado polo Goberno central que mañá entra en vigor

25/03/20 | 13:54 | C. de Sanidade

Sanidade publica a orde pola que se encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación as funcións de médico e enfermeiro especialista durante a crise do coronavirus

O departamento sanitario galego recoñecerá aos citados profesionais sanitarios as percepcións económicas da categoría profesional correspondente durante o tempo que desempeñen as ditas funcións