Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

25/05/20 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da entrada do Camiño Portugués e Santiago ao seu paso pola rúa Escurridía e a Ponte Vella

A Plataforma de contratos públicos de Galicia publica hoxe esta licitación por importe duns 240.000 euros

25/05/20 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de once empresas presentan as súas ofertas para executar o reforzo de firme de dúas estradas en Carballeda de Valdeorras mellorando o acceso ás canteiras de lousa

Esta actuación nas vías autonómicas OU-122 e OU-123 foi licitada por máis de 1 millóns de euros e o obxectivo é acometer as obras este mesmo ano 2020

22/05/20 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de estabilización dun noiro na estrada autonómica PO-244, ao seu paso pola parroquia de San Salvador, no concello de Soutomaior

A intervención, adxudicada por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 1 mes

22/05/20 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, licitada por 4,8 millóns de euros

As obras, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais

21/05/20 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de dezaoito empresas presentan as súas ofertas para a sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas nas estradas de titularidade da Xunta

A intervención busca incrementar a seguridade nos traxectos habituais dos ciclistas deportivos e está previsto que os traballos se inicien este mesmo verán

20/05/20 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de once empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de conservación e humanización da contorna da Ponte Vella de Ourense, licitadas por 1 M€

A nova actuación correspóndese coa 2ª fase de posta en valor desta zona da cidade, e abarca a conservación da ponte e a mellora da contorna da Capela dos Remedios

19/05/20 | 20:32 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca o esforzo de adaptación á situación sanitaria realizado polo sector galego da construción, permitindo manter investimentos e empregos

Alberto Núñez Feijóo salienta a necesidade de manter as estritas medidas de seguridade que fan compatible o avance na construción de infraestruturas e a conservación do emprego coa protección da saúde dos traballadores

19/05/20 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/05/20 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil que facilitará o acceso á nova estación do AVE na Gudiña

Estas actuacións comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de tres meses

19/05/20 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora de mobilidade e seguridade viaria na avenida de Anllóns, en Ponteceso

Esta intervención, cun investimento autonómico duns 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de tres meses