Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

29/03/20 | 18:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada ao Goberno de España a necesidade dun peche ordenado das actividades económicas e confirma a chegada de novos subministros sanitarios da Xunta

Expón a inquedanza que supón para as comunidades descoñecer con exactitude o alcance e contido das industrias que, a partir de mañá, van diminuír ou suspender a súa actividade

29/03/20 | 15:00 | C. de Sanidade

Chegan a Galicia 700.000 máscaras adquiridas pola Xunta e de doazóns

Un total 500.000 destas unidades son das aquiridas pola Xunta, outras 100.000 doadas por Inditex e outras 100.000 por Grupo Caamaño

29/03/20 | 11:35 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.925 casos infectados por coronavirus

Un total de 153 persoas xa foron dadas de alta

29/03/20 | 11:05 | C. do Medio Rural

O Servizo de prevención e defensa contra incendios desinfecta máis de 350 centros de saúde e residencias na súa primeira semana de colaboración por mor do coronavirus

Ademais de centros médicos e residencias de maiores ou discapacitados, os axentes ambientais e bombeiros forestais desinfectaron outras áreas do rural cun alto risco de contaxio

28/03/20 | 17:09

A Xunta suspende as autorizacións de acceso para visitar as Illas Atlánticas e a praia das Catedrais durante o estado de alarma

Os permisos concedidos ata o momento quedan anulados e xa non se poderá tramitar ningunha nova solicitude a través das aplicacións web correspondentes

28/03/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartirá esta semana 100.000 mascarillas que chegarán directamente aos concellos galegos a través dun novo centro loxístico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá á plataforma loxística que o Goberno galego impulsou para a adquisición e reparto do material de protección aos municipios

28/03/20 | 12:48

A Xunta traslada ás embaixadas españolas en terceiros países as dificultades da frota galega polo coronavirus para que contribúan a manter a súa operatividade

Entre os obstáculos que se atopa o sector que faena en augas estranxeiras está a imposibilidade de facer o relevo de tripulantes debido á corentena e ás restricións de viaxe no período de emerxencia do Covid-19

28/03/20 | 11:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.627 casos infectados por coronavirus

Un total de 95 persoas xa foron dadas de alta

27/03/20 | 17:35 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia tramita a adquisición de máis material de protección destinado a profesionais e doentes para facer fronte á pandemia do coronavirus

Feijóo precisa que con esta contratación a Xunta adquire máis de 7.230.000 de mascarillas cirúrxicas e máscaras respiratorias, máis de 600.000 batas de alta protección e preto de 22.000 botellas de solucións desinfectantes

27/03/20 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta distribúe aos concellos lucenses 29.400 unidades de protección para loitar contra o coronavirus

A Delegación Territorial realiza as entregas, que responden ás necesidades dos distintos municipios en coordinación coa FEGAMP