Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

25/04/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o turismo náutico como modelo de promoción da Galicia litoral e dos camiños do mar

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga), Javier Ruíz de Cortázar, un convenio para a promoción e comercialización do turismo náutico

25/04/22 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Catedral de Santiago para ofrecer a mellor atención a turistas e peregrinos neste Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, dous convenios de colaboración co obxectivo de duplicar o persoal do Centro de Atención ao Peregrino e do servizo de seguridade da Catedral

25/04/22 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O cociñeiro Xabier Castrelo leva a Aula Gastronómica Galicia Calidade ao IES de Foz

Estudantes do ciclo superior de dirección de cociña puideron traballar nun obradoiro formativo co chef do restaurante El Refugio

23/04/22 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda asiste á Festa da Lamprea de Arbo, consolidada nas súas 62 edicións como un importante reclamo turístico para Galicia

A celebración está considerada Festa de Interese Turístico Nacional desde 2016 e contribúe a potenciar o turismo gastronómico na comunidade

22/04/22 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor os avances que deu o Goberno galego para mellorar a accesibilidade do camiño

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu no Obradoiro ao presidente da Asociación Jacobea Irún-Bidasoa, José Ignacio Galzacorta, que percorreu xunto ao seu neto o Camiño a cabalo

22/04/22 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel clave do turismo e do Xacobeo na recuperación económica de Galicia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, impartiu o relatorio “Impacto do Xacobeo na recuperación económica de Galicia”, no marco da Xunta Territorial da Galicia de Ibermutua Gallega

21/04/22 | 19:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada o seu apoio ao complexo hoteleiro La Cabaña de Palas de Rei para que poida recuperar toda a súa actividade canto antes

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións, que resultaron afectadas por un incendio a pasada semana
 
A Administración autonómica ofrece asesoramento e acceso ás súas liñas de financiamento -a través dos préstamos estratéxicos para pemes- mentres non se executan as pólizas de seguro
21/04/22 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o valor do turismo familiar do ‘Escape Room Xacobeo 21-22’

O delegado territorial sinalou que se trata de dar a coñecer o fenómeno xacobeo desde un punto de vista lúdico, que no caso de Ourense xirará entorno ao Camiño Mozárabe ou Vía da Prata

21/04/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita o concello de Oímbra para supervisar actuacións da orde de infraestruturas turísticas

-          Gabriel Alén lembrou que a Xunta destina nesta edición un millón de euros a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas

21/04/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o valor da formación hostaleira de calidade no 59ª congreso de EUHOFA que se celebra en Santiago

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada da apertura oficial deste congreso internacional que acolle Santiago a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia.