Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

09/01/21 | 12:08

Medio Ambiente adxudica por case 46.000 euros a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia

O obxectivo principal é cambiar as determinacións de certos ámbitos empresariais, a petición dos concellos afectados, e introducir cambios normativos no propio plan co fin de resolver dúbidas de interpretación e adaptalo ao novo marco legal vixente

02/01/21 | 11:02

As obras de humanización de varias rúas de Xunqueira de Espadañedo comezarán nos vindeiros días

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou o contrato polo que se adxudica esta actuación, que será financiado ao 100% pola Xunta

29/12/20 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

As Directrices da Paisaxe entrarán en vigor no primeiro trimestre de 2021 para protexer os valores paisaxísticos de Galicia

Feijóo subliña que deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo na comunidade autónoma

28/12/20 | 12:10

O Parque Empresarial de Cuíña, en Cervo, acollerá a nova planta de biorresiduos da Xunta que dará servizo a 15 concellos do arco cantábrico

A conselleira Ángeles Vázquez anuncia que hoxe se licita o proxecto básico da futura planta de compostaxe por un importe de case 140.000 euros

13/12/20 | 12:49

Medio Ambiente investirá 95.000 euros na obra de rexeneración do conxunto de Santa María do Campo, no Concello do Irixo

As actuacións previstas, cun prazo de execución de cinco meses, pretenden rexenerar o espazo público delimitado pola igrexa e o cemiterio, respectando a súa esencia e contribuíndo a manter o seu valor como espazo público de uso común

11/12/20 | 12:07

Medio Ambiente e Concello traballarán da man para declarar a área Rexurbe de Ferrol Vello que permita avanzar na completa rexeneración deste ámbito

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal acordaron celebrar unha reunión entre os departamentos técnicos nas vindeiras semanas para iniciar a tramitación da declaración desta zona e seguir o exemplo da Coruña, Ribadavia e Mondoñedo

07/12/20 | 12:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aposta da Xunta polo emprendemento cun investimento en 2021 de 8 M€ para bonificar a adquisición de solo empresarial

Lembra que neste últimos cinco anos 350 empresas se beneficiaron destas bonificacións para adquirir solo industrial

02/12/20 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recalca a necesidade de que a futura Estratexia nacional do reto demográfico conte co investimento suficiente

Expuxo os avances de Galicia neste ámbito con medidas como as casas niño e casas do maior no rural, a tarxeta benvida, a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos ou a Lei de impulso demográfico

30/11/20 | 12:08

Medio Ambiente investirá o próximo ano 1,5 M€ na ampliación do polígono de Lalín co obxectivo de duplicar a súa superficie actual

A conselleira Ángeles Vázquez visitou hoxe esta área empresarial da comarca pontevedresa do Deza, na que as tres fases executadas están xa case esgotadas