Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

17/06/22 | 14:41

A Xunta adxudica melloras na planta de transferencia de SOGAMA, en Ribadumia, por preto de 286.000 euros

Inclúen a construción de novos vestiarios, o acondicionamento das actuais dependencias de oficina, vestiarios e almacén co fin de facelas máis confortables e/ou funcionais, e a ampliación do aparcadoiro de contedores

16/06/22 | 17:45

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León urxen ao Goberno central a repartir xa entre as comunidades os 20 M€ anunciados para os danos do lobo

Os orzamentos estatais de 2022 inclúen fondos para compensar ao sector afectado por esta especie pero as comunidades agardan aínda pola súa territorialización

15/06/22 | 17:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que o modelo eólico actual en Galicia é ordenado, garantista, sustentable e respectuoso co medio ambiente

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, respondeu esta tarde no Parlamento galego sobre o eólico galego na que informou de que, desde 2020, entraron en servizo seis parques  e unha repotenciación e autorizáronse 17 proxectos

O Goberno galego traballa para dar prioridade a aqueles proxectos que destinen, cando menos, un 50% da enerxía que produzan a unha industria asentada en Galicia

 

15/06/22 | 15:19

A Xunta inicia os traballos previos sobre o terreo para executar a senda fluvial de Dorrón en Sanxenxo

O groso da actuación dará comezo nos vindeiros días, terá un prazo de execución de 5 meses e suporá un investimento de case 400.000 € de fondos europeos

15/06/22 | 15:10

A Xunta recibe, case ano e medio despois, dúas das licenzas de obras solicitadas ao concello de Betanzos para rehabilitar vivendas no municipio

Trátase das correspondentes a Cerca 43 e Segunda Venela de Clérigos 4, que xa teñen obras adxudicadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo a finais de marzo pasado

15/06/22 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da comunidade educativa na defensa do medio ambiente e na formación ambiental das novas xeracións galegas

Pon en valor a iniciativa ambiental, que permitiu poñer en marcha máis de 6.000 proxectos que involucraron a un millón de estudantes e a 50.000 mestres de toda Galicia

15/06/22 | 12:26

Fernández-Tapias lamenta a confirmación da perda da sede do IEO para Vigo e reclama a cesión a Galicia das competencias

La delegada territorial de la Xunta en Vigo cualifica como unha “falta de respecto” a discriminación por parte do Goberno central cara á labor investigadora en Galicia

14/06/22 | 20:01 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa conservación do planeta para deixar unha Galicia mellor ás vindeiras xeracións

Agradece aos profesores Juan Casares Long e José A. González a tradución deste clásico da investigación científica. “Grazas por facer esta pequena aventura de traducir este libro ao galego”, di

14/06/22 | 13:28

A Xunta pon en valor a privilexiada posición de Galicia no mapa internacional da conservación do patrimonio natural

Ángeles Vázquez salienta que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural contará este ano cun orzamento de cerca de 50 M€, un 34,3% máis que o ano anterior