Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

06/05/21 | 11:44

O programa da Xunta Camiño á Empregabilidade formará a menores de 30 anos sen emprego para mellorar as súas oportunidades laborais

A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade desenvolverase entre o 11 de maio e o 11 de xullo

30/04/21 | 14:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia un cómic didáctico para o fomento do emprendemento feminino enmarcado no proxecto europeo 'Mulleres emprendedoras en acción' en colaboración coa Uvigo

O libro de viñetas, pilotado pola profesora da Universidade de Vigo Elena Rivo, ten como protagonistas catro mulleres e a Ribeira Sacra como punto de partida dunha historia de ideas e proxectos empresariais

17/04/21 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca 80 prazas de estadías formativas en empresa dirixidas a profesorado de FP

O obxectivo é mellorar a formación docente mediante o contacto co sector empresarial, o que permite coñecer directamente os procesos produtivos e os avances tecnolóxicos

15/04/21 | 16:39

Catro titulados en ciclo formativos de acuicultura poderán realizar prácticas a través de bolsas que convocará a Xunta

O Consello da Xunta autorizou esta mañá o compromiso de gasto destas bolsas para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

12/04/21 | 11:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Clúster da automoción colaboran para formar traballadores en tecnoloxías punteiras no CIFP de Coia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do presidente do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), Roberto Cavallo, visitou as dependencias do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) en Coia, Vigo

12/04/21 | 10:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os premios extraordinarios de formación profesional en grao superior

O obxectivo destes galardóns é recoñecer o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes

10/04/21 | 11:31

A Consellería do Mar convoca dous cursos de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo para 24 alumnos

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o vindeiro 23 de abril e as accións formativas impartiranse entre os meses de maio e xullo

07/04/21 | 13:48

Gonzalo Trenor visita aos alumnos do obradoiro de Ordes no que se forma a 20 desempregados en mellora de montes e en repoboacións forestais cunha achega da Xunta de máis de 346.000€

O delegado territorial lembrou que na comarca de Santiago estanse a celebrar oito talleres de formación en Ordes, Boqueixón, Ames, A Baña, Negreira, Rois e dous en Santiago de Compostela cun apoio do Goberno galego de máis de 2,7M€

06/04/21 | 18:14 | C. de Economía e Industria

Lucía Freitas inaugura a experiencia formativa Aula Gastronómica Galicia Calidade en Santiago de Compostela

Unha vintena de alumnos e alumnas de 2º curso de Gastronomía do CIFP Compostela asistiron á ‘master class’ impartida pola estrela Michelín

05/04/21 | 09:33 | C. de Economía e Industria

A Aula Gastronómica Galicia Calidade amosa os produtos e as empresas certificadas aos estudantes de hostalería da comunidade galega

Os restauradores Iñaki Bretal, Yayo Daporta, Lucía Freitas e María Varela, integrados en Galicia Calidade, prepararán menús deseñados con produtos do selo