Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

31/07/20 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal promove medidas para facilitar os traslados dos menores en zonas transfrontreirizas para actividades lúdico-deportivas

O obxectivo da proposta é permitir que os menores poidan sacar todo o partido das actividades, infraestruturas e servizos existentes en áreas transfronteirizas

22/07/20 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con case 300.000 euros seis proxectos de acción humanitaria no exterior

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de publicar a resolución coas axudas a seis organizacións non gubernamentais

09/07/20 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal analizan o Plan de reactivación da cooperación transfronteiriza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Vigo coa vicepresidenta da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento do Norte de Portugal, Ester Silva

07/07/20 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nun proxecto sobre a Axenda 2030

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá con representantes da entidade para avaliar a execución deste convenio que se asinou hoxe

02/07/20 | 17:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AECT da Eurorrexión organiza na Eurocidade Chaves-Verín a segunda reunión na fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse con representantes da Eurocidade Chaves-Verín para incluír as súas achegas ao Plan de reactivación á cooperación de proximidade na fronteira Galicia-Norte de Portugal, nos que participan todos os axentes da cooperación transfronteiriza

01/07/20 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia debate con outras rexións europeas sobre a resposta da Unión Europea á crise da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou por videoconferencia no primeiro Pleno semipresencial do Comité Europeo das Rexións (CdR)

26/06/20 | 10:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada á comisaria de Política Rexional as propostas de Galicia fronte á crise da covid-19 e do brexit nas rexións atlánticas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesus Gamallo participou hoxe por videconferencia na Asamblea xeral da Comisión Arco Atlántico, que foi inaugurada pola Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira

18/06/20 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AECT da Eurorrexión organiza unha primeira reunión para avaliar a situación da cooperación ante a reapertura da fronteira con Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, indicou que se está deseñando un Plan de reactivación que permita facer fronte aos efectos producidos por este peche de máis de tres meses da fronteira

11/06/20 | 18:05

Galicia asinará unha segunda declaración en favor das comunidades pesqueiras ante o brexit para reforzar a defensa dos seus intereses durante a negociación

O Executivo galego apela a manter a unidade de acción do sector pesqueiro para facer forza e reeditará a coñecida como declaración de Santiago que o presidente da Xunta asinou en outubro de 2017 converténdose no primeiro responsable dunha rexión europea en facelo

03/06/20 | 19:25

Galicia e Portugal coinciden na necesidade da cooperación para reactivar os fluxos turísticos e a peregrinación a Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse coa secretaria de Estado de Turismo do país luso para avanzar en posibles accións conxuntas no Camiño Portugués