Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

23/12/21 | 10:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra

Agárdase mar combinado con ondas ata 6 metros que dará comezo a primeiras horas desta tarde

20/12/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Axentes da Policía Autonómica rescatan un falcón peregrino ferido cando patrullaban polo Camiño Portugués

A ave rapaz, sen anel e cunha á rota, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros para a súa recuperación

13/12/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López recibe aos voluntarios de Protección Civil de Pontevedra, Poio e O Grove galardoados coas Medallas ao Mérito

O delegado territorial celebra un acto de recoñecemento á Asociación Provincial de Protección Civil pola súa medalla de ouro, a Víctor Otero Prol pola medalla de prata e a outros seis voluntarios da provincia por recibir o distintivo de permanencia

07/12/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros e vento de compoñente oeste a noroeste no noroeste de A Coruña e Lugo

06/12/21 | 17:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

Agárdase vento do oeste forza 8 no litoral da Coruña e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros na costa de Lugo

05/12/21 | 08:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a posta en marcha dunha intervención de emerxencia para atención á poboación da Franxa de Gaza

A intervención de resposta de resposta humanitaria proposta é froito do proceso de diagnóstico realizado por Labour Resources Center (socio local de Farmamundi na zona) e ten como obxectivo específico atender as necesidades nutricionais máis inmediatas da poboación gazatí

04/12/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de A Coruña e Lugo

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese

03/12/21 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta que as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo bloqueasen as melloras na atención das emerxencias que si se aplicarán en Ourense

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe un encontro con representantes das tres deputacións provinciais e da FEGAMP, no que decidiron renovar por un ano o convenio vixente sen aplicar as melloras

02/12/21 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo da Policía Autonómica nos seus 30 anos na comunidade para velar pola seguridade dos galegos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiron hoxe á entrega da Cruz de Bronce da Xunta aos 22 axentes que levan 30 anos no corpo policial, xunto con outros distintivos de permanencia por 25, 20, 15 e 2 anos de servizo na unidade

28/11/21 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o compromiso coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil co recoñecemento a máis dun cento de voluntarios

As AVPC galegas recibirán a Medalla de Ouro pola súa colaboración na loita contra a covid e a súa contribución á sociedade na atención da poboación na crise sanitaria