Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática Economía:

16/12/21 | 15:23 | C. de Economía e Industria

Conde salienta que a biotecnoloxía xogará un papel clave na transformación dixital e ecolóxica do tecido produtivo galego

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou de xeito telemático na entrega dos IX Premios Bioga, organizados en Santiago polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida

16/12/21 | 15:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia á peme Ayeconomics Research Centre con 32.000€ para incorporar o deseño aos seus procesos produtivos

O delegado da Xunta visitou a instalacións desta spin-off da Universidade de Santiago de Compostela beneficiada pola orde de axudas DeseñaPeme

15/12/21 | 10:53 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a candidatura galega aos fondos de recuperación europeos e o avance da dixitalización como exemplo da política de "luces largas"

“Sería un erro maiúsculo traizoar a confianza que Europa depositou nunha recuperación xusta para España se xestionamos os fondos con arbitrariedade e ineficacia”, sinala, insistindo na necesidade de que o reparto sexa transparente

14/12/21 | 14:22 | C. de Economía e Industria

O Centro de Fabricación Avanzada do Polo da Sionlla demostra o compromiso da Xunta co sector biotecnolóxico a través dun espazo propio para crecer, consolidarse e atraer talento

Francisco Conde enmarca a actuación na Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia 2021-2025 do Goberno galego, que busca mobilizar máis de 600M€, creando ao redor de 60 novas empresas e 500 empregos

13/12/21 | 12:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega 7M€ á Universidade de Santiago para reforzar a dixitalización e a innovación tecnolóxica

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o reitor da USC asinan dous convenios para completar os procesos de adaptación dixital e para accións estratéxicas de I+D+i

09/12/21 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta asesorou a 246 pemes de toda Galicia sobre as oportunidades de innovar a través da iniciativa 'Camiño da innovación'

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Meira na que foi a última parada das 18 previstas por toda Galicia

02/12/21 | 18:50

Ángeles Vázquez anima ás empresas galegas a combinar innovación e sostibilidade para crear emprego verde

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantiveron hoxe un encontro con pemes da contorna de Melide no marco da iniciativa itinerante ‘Camiño da Innovación’

02/12/21 | 17:05 | C. de Economía e Industria

BFAero licencia dez novos proxectos de emprendemento innovador no ámbito aeroespacial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou a relevancia deste programa para seguir sumando talento e consolidando tecido empresarial arredor do Polo Aeroespacial de Galicia