Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Deporte:

15/09/21 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e aos núcleos das Quintás e da Ría, en Vilamarín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, entregoulle hoxe estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

15/09/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comparte co consorcio de xestión de servizos medioambientais da Deputación de Badaxoz a súa experiencia de traballo na xestión da auga en Galicia

Vázquez Mourelle traslada o apoio técnico e económico que presta a Xunta aos concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais de saneamento e abastecemento para unha mellor prestación dos servizos da auga aos cidadáns

13/09/21 | 19:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata a estabilización dos parámetros das augas do río Tambre e continúa coas medidas preventivas na orixe do vertido para evitar arrastres

No punto do vertido estase a frear o xurro con gabias de contención de 150 metros lineais con alpacas de gran tamaño e sepiolita, que absorben a contaminación e evitan as infiltracións

12/09/21 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Santiago e a concesionaria municipal da auga para solucionar a situación xerada tras o vertido ao río Tambre

As últimas analíticas realizadas confirman que a situación evoluciona favorablemente e a calidade da auga do Tambre mellora, estimándose que o pico do foco foi superado

08/09/21 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/09/21 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convida aos concellos a realizar achegas á lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, coa que poderán encomendarlle o funcionamento das súas depuradoras

Vázquez Mourelle defende a necesidade dun novo modelo de xestión para garantir a calidade e a eficacia no saneamento e a depuración con tarifas igualitarias para todo o territorio

07/09/21 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Valga o convenio para executar as obras necesarias para minimizar o risco de inundación nos ríos Louro e Valga cun investimento autonómico de 1,25 M€

Mellorarase o espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña de ferrocarril; o espazo fluvial do río Valga entre a liña do ferrocarril e a rúa Devesa; ademais de protexer a marxe dereita do río Valga ao seu paso polo municipio

07/09/21 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra en Abegondo unha xornada cos 6 concellos seleccionados para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo

Máis de 100 representantes das entidades locais e comunidades de usuarios dos municipios de Oia, de Baleira, de Oímbra, de Mondariz, de San Xoán de Río e de Cerdedo-Cotobade asisten a este encontro

05/09/21 | 16:13

Ángeles Vázquez subliña "a deslealdade institucional e o desprezo ás competencias autonómicas" do Goberno central no baleirado dos encoros

“A normativa galega concilia o respecto ao Estado coa protección da riqueza piscícola, pero a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deixou de aplicar a regulación co obxecto de impedir que se puideran exercer as atribucións autonómicas de protección animal”, sinala a conselleira de Medio Ambiente

04/09/21 | 17:14

Medio Ambiente incoa expediente sancionador fronte as concesionarias que efectuaron o baleirado de catro encoros de Ourense e Lugo

Estas entidades procederon a diminuír a auga encorada nas presas de Cenza, As Portas, Salas e Belesar sen agardar polas medidas necesarias e, polo tanto, sen a autorización que marca o regulamento galego de pesca fluvial