Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

08/04/20 | 15:28 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 5.460 casos infectados por coronavirus

Un total de 800 persoas xa foron dadas de alta

07/04/20 | 16:57 | C. de Sanidade
07/04/20 | 15:17

A Xunta reparte 10.000 máscaras de protección fronte ao coronavirus nas lonxas dos peiraos de titularidade autonómica

O Servizo de Gardacostas de Galicia distribuirá nos próximos días o material entre os máis dunha trintena de centros de poxa que manteñen a súa actividade a pesares da declaración do estado de alarma

07/04/20 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta envía máis de 51.400 novas unidades de protección a todos os concellos da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que a administración autonómica distribuirá neste novo envío 31.300 luvas, 19.200 mascarillas, 397 traxes, amais lixivia e xel hidroalcohólico

07/04/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta envía 38.572 novas unidades de protección aos concellos da Delegación territorial da Xunta en Pontevedra

Dende o inicio do reparto a sede autonómica pontevedresa repartiu 97.580 luvas, 48.404 máscaras cirúrxicas, 4.697 traxes antisalpicaduras, batas e produtos de desinfección

07/04/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia, a través do comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores, xa está avaliando 55 proxectos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe por videoconferencia na reunión do Comité, na que agradeceu a colaboración do tecido empresarial galego para actuar desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando unha vez máis o seu ‘know-how’

07/04/20 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta envía máis de 61.300 novas unidades de protección aos concellos da provincia de Ourense

A Administración autonómica distribuirá con este novo envío case 36.000 luvas, 24.830 mascarillas e 528 traxes, amais de lixivia e xel hidroalcohólico entre os municipios ourensáns e a cidade de Ourense

07/04/20 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta aborda coas organizacións agrarias galegas mecanismos para dar saída ás producións que viron reducidos os seus mercados tras a emerxencia sanitaria

O obxectivo é buscar novas opcións de comercialización para os produtos de calidade ou proximidade, tras o peche da hostalaría e dos mercados tradicionais