Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta executa a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das comarcas do Condado e Pontevedra
Estas intervencións desenvolveranse desde o luns nas estradas PO-254, ao seu paso polo concello de Ponteareas, e na PO-255, en Pontecaldelas e A Cañiza
Un total de dezaoito empresas presentan as súas ofertas para a mellora da capacidade e da seguridade da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira
Para avanzar na tramitación das obras, licitadas por importe de máis de 6,47 millóns de euros, están xa convocados os actos expropiatorios necesarios para a súa execución
A Xunta licita as obras de ampliación da avenida da Deputación, en Arteixo, por un importe de 5,8 millóns de euros, coa fin de mellorar o principal acceso ao polígono de Sabón
As empresas interesadas en levar a cabo este proxecto, cun prazo de execución de 20 meses, poden presentar as súas ofertas ata o 29 de xullo
A Xunta adxudica por 3,8 millóns de euros as obras de renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea
Este contrato conta cun prazo de execución de seis meses, e centrarase na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais
A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada OU-161, nos concellos de Lobios e de Lobeira
Os traballos, por importe de preto de 90.000 euros, levaranse a cabo no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 2+000 e 5+500
A Xunta propón un convenio de colaboración co Goberno de España e co Concello de Vimianzo para o impulso conxunto do acceso ao polígono desde a vía de altas prestacións
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ofrécese a facilitar o desenvolvemento deste novo enlace, pese a ser a unha responsabilidade exclusiva do Estado, titular do polígono
A Xunta remata as obras de saneamento na parroquia de Santa María de Melide
Para realizar esta actuación, adxudicada por un importe de máis de 116.000 euros, Augas de Galicia adaptou o proxecto ás exixencias do entón Ministerio de Fomento
A Xunta inicia as obras de mellora do sistema de depuración de augas residuais dos Praceres, en Pontevedra
Esta actuación foi adxudicada por un importe de preto de 13 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 24 meses, 12 para a súa execución, ao que se engade un período de posta en marcha doutros 12 meses
A Xunta inicia as obras da nova senda peonil que conectará o albergue de peregrinos e o centro de Ordes
Esta actuación, adxudicada por 510.000 euros, disporá dun prazo de execución de 6 meses
A DOG publica hoxe o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-344 a prol do Concello de Tomiño
A Xunta dá cumprimento con esta medida ao convenio de colaboración asinado coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño para a construción da variante da localidade