Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta leva un menú para cada día da semana a máis de 1670 fogares durante a emerxencia sanitaria
O reforzo extraordinario do Xantar na casa para máis de 250 fogares súmase aos 1420 que son beneficiarios habituais deste servizo
O Sergas inicia mañá un estudo en dúas ondas para coñecer con precisión a dimensión do mapa epidemiolóxico galego do COVID-19
Sanidade realizará máis de 100.000 test para coñecer os niveis de inmunidade ao coronavirus da poboación galega
A Xunta leva repartidos case 1,4 millóns de unidades de material de protección contra o coronavirus aos concellos galegos
As sete cidades galegas recibirán hoxe unha nova entrega de 30.500 luvas, 22.400 máscaras, 500 traxes e 40 pantallas faciais
A Xunta avanza na construción en Lugo do primeiro centro integral de saúde de Galicia mantendo o obxectivo de poñelo en servizo o vindeiro ano
Na actualidade as obras céntranse no derrubo de tabiques e no baleirado do edificio coa retirada de escombros e doutros materiais inservibles
Almuiña destaca a anticipación nas medidas adoptadas como unha das claves da menor afectación do coronavirus en Galicia
Sanidade centrou as súas actuacións nos primeiros momentos na información a poboación, o diagnóstico e illamento precoz, reorganizar a asistencia e investir en equipamentos técnicos e material de protección entre outros aspectos
Galicia rexistra un total de 6.534 casos infectados por coronavirus
Un total de 1.625 persoas xa foron dadas de alta
A Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central
Feijóo di que o número de contaxios, pacientes en UCI e hospitalizados constata que estamos nunha fase descendente e advirte que neste novo escenario a prevención é fundamental: “A volta á nova normalidade si, pero a relaxación social non”
Fabiola García agradece ás persoas traballadoras e usuarias das residencias da Xunta de Galicia os seus esforzos na contención da pandemia
Salientou que Galicia resistiu en mellores condicións que a media de España e que a maioría de comunidades
A Xunta agradece á empresa coruñesa Carmen Vázquez a súa participación na confección de 32.000 batas médicas para o Sergas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión telemática con responsables da compañía, que elaborou parte do lote subministrado coa coordinación do Clúster Téxtil (Cointega)
Galicia traballará co ICTE na posta en marcha de certificacións de seguridade sanitaria no sector turístico
O conselleiro de Cultura e Turismo presidiu a primeira xuntanza do grupo de traballo para elaborar un plan sanitario adaptado a esta industria