Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

20/07/20 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 4,3 millóns da Xunta na transformación da estrada PO-308 entre O Covelo e A Granxa, no concello de Poio

Salienta o cumprimento do compromiso adquirido cos veciños do Covelo e Raxó, que teñen “á súa disposición unha estrada distinta, moito máis funcional, humana e segura, especialmente para os peóns, que poden desprazarse sen risco”

16/07/20 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a finais de agosto as obras de mellora dos aparcadoiros, firmes e vías do Hospital Materno da Coruña estarán á disposición dos pacientes e dos profesionais

Os traballos, cun investimento de 195.000 euros, abranguen a mellora da vía perimetral do centro sanitario e da lavandería do Sergas na cidade

15/07/20 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a senda peonil e ciclista na AC-116 permitirá dispoñer este mesmo ano dun itinerario continuo de 5,5 quilómetros ao longo desta estrada no municipio de Valdoviño

Habilitaranse 2,8 km de sendas na marxe dereita desta estrada, entre Riobó e Meirás, que suporá un investimento superior aos 800.000 euros

15/07/20 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do ríos Tinto e Tella, no concello de Teo

As tarefas están a desenvolverse en distintos puntos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Calo e Lucí

14/07/20 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 3,3 millóns de euros da Xunta para facer 'Camiño e cidade' na área industrial entre o polígono do Tambre e o cemiterio de Boisaca

Salienta que a actuación xa acometida na zona empresarial “deixa este ámbito preparado para recibir mellor aos peregrinos” co acondicionamento integral dun treito de 800 metros do Camiño Inglés

14/07/20 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora de pavimentación e sinalización no acceso ao recinto do antigo hospital do Rebullón, no concello de Mos

As actuacións, contratadas por un importe duns 47.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de dous meses

13/07/20 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme nun treito antigo da estrada OU-540, en Bande, no acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis

Estas actuacións están a executarse na marxe esquerda da citada vía, desde o punto quilométrico 48+225

09/07/20 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 960.000 euros as obras de conservación e humanización da contorna da Ponte Vella de Ourense

Os traballos, cun prazo de execución de 9 meses, prevese inicialos na primeira quincena de agosto

09/07/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei

A actuación, adxudicada por un importe de case 150.000 euros, comezará no vindeiro mes de agosto e terá un prazo de execución de 6 meses

08/07/20 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor o papel das empresas do transporte no confinamento e convida a unir esforzos coa administración para fortalecer as capacidades loxísticas de Galicia

Vázquez Mourelle indica que a Administración debe potenciar a intermodalidade e as infraestruturas que faciliten o labor dos actores do transporte e a loxística