Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

25/07/20 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora dos firmes e vías do Hospital Materno da Coruña coa posta á disposición das primeiras 23 prazas de aparcadoiro

Os traballos contan cun investimento global de 195.000 euros e abranguen a mellora da vía perimetral do centro sanitario e da lavandería do Sergas na cidade

24/07/20 | 15:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda dos traballos de reposición da canle natural do regato que transcorre entre os lugares de Rubial e Troitomil, en Boqueixón

Esta actuación, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros, conta cun prazo de tres meses e será executada por Tragsa

24/07/20 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza as obras de reforma e modernización da estación de autobuses de Burela, ás que destinou 72.000 euros

Os traballos supuxeron unha mellora significativa da cuberta, a renovación da rede de recollida de augas pluviais e da instalación eléctrica e o pavimentado da zona de circulación dos autobuses

23/07/20 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/07/20 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Castañeira, no concello de Brión

Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo duns 400 metros, na parroquia de Bastavales

23/07/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/07/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 26 empresas presenta as súas ofertas para executar as obras do novo colector interceptor en Cabanas para a mellora do saneamento

Esta actuación, licitada por más de 1,4 millóns de euros, conta cun prazo de execución de 12 meses

22/07/20 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o avance da Xunta nas obras da nova estación de autobuses de Vigo e pídelle ao Goberno de España que rectifique e impida o bloqueo da intermodal e do centro Vialia

Subliña a aposta da Xunta pola estación intermodal de Vigo que, cun investimento global de 18 millóns de euros, supón o maior gasto nas intermodais de Galicia

21/07/20 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 3.116 menores de 21 anos da provincia de Ourense e da área de Pontevedra viaxan de balde no autobús interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’ un mes despois da implantación do dispositivo

Trátase da primeira fase da ampliación territorial do plan social de fomento do transporte público da Xunta, que prevé o seu desenvolvemento progresivo ata acadar o conxunto de Galicia

21/07/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que os usuarios do polígono da Matela, en Outeiro de Rei, terán á súa disposición neste outono unha senda segura e sostible grazas a un investimento de 350.000 euros

A senda peonil, cuxas obras se iniciaron hai un mes, estase a executar pola marxe esquerda da estrada, entre as dúas glorietas de acceso ao polígono