Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

16/07/21 | 12:20

A Xunta recibe 18 ofertas de adquisición de inmobles na Coruña, Tui e Ribadavia para que sexan rehabilitados a través do Rexurbe

A cuarta convocatoria de compra pública de edificios pechou o pasado venres con este resultado global dos tres concellos

13/07/21 | 15:00

A Xunta advirte de que o novo Plan estatal de vivenda dá as costas á rehabilitación e á conservación dos inmobles

O Goberno galego acaba de presentar as súas alegacións ao novo Plan de vivenda 2022-2025, que ten 12 programas e dos que “só un está dedicado á rehabilitación, entendida como accesibilidade”

13/07/21 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a redacción dos proxectos para a rehabilitación de trece inmobles adquiridos no casco histórico de Mondoñedo

A Administración galega destinará máis de 437.000 euros á redacción dos proxectos de restauración dos edificios, que foron adquiridos por máis de 621.000 euros

08/07/21 | 13:15

A Xunta sacará á venda a partir de mañá case 282.000 m2 de solo empresarial con bonificacións de ata o 50%

Na convocatoria deste ano inclúense 17 parques industriais xestionados polo IGVS nos que se porán a disposición un total de 116 parcelas urbanizadas

05/07/21 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 M€, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra

Trenor salientou que o DOG publicou a resolución para que os 3 concellos da comarca de Ferrolterra, Ferrol, Mugardos e Neda poidan solicitar fondos para a execución de proxectos de rehabilitación nas seis áreas declaradas nesta zona

29/06/21 | 14:29

A Xunta fomenta a construción e a rehabilitación de vivendas para alugar cunha nova convocatoria de axudas por máis de 3,6 millóns de euros

Poden solicitalas promotores públicos e privados de inmobles novos ou rehabilitados destinados a alugueiro a prezo regulado durante un mínimo de 25 anos

23/06/21 | 14:39

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Ferreira de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega de chaves aos novos adxudicatarios

19/06/21 | 12:43

A Xunta achega 415.000 euros para rehabilitar vivendas en Alfoz, Paradela, Sarria e A Fonsagrada co fin de destinalas a alugueiro social

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, avanzou que o Goberno galego vén de resolver a orde de axudas dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes para apoialos con medidas para garantir o acceso a unha vivenda aos seus veciños

17/06/21 | 15:11

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública na Tinería, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, subliña a aposta do Goberno galego pola recuperación urbanística e social do barrio, “que pasa por seguir rehabilitando inmobles e atraer novos veciños e veciñas”

16/06/21 | 13:50

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 M€, ao que xa poden optar as catro novas declaradas en Vigo

Ángeles Vázquez salienta que o DOG publica hoxe a resolución para que 44 concellos galegos poidan solicitar fondos para a execución de proxectos de rehabilitación nas 75 áreas declaradas na Comunidade