Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

14/09/22 | 18:49 | C. de Sanidade

A Xunta incorporará tres novas patoloxías ao seu cribado neonatal en desenvolvemento da Estratexia galega de enfermidades raras

En concreto, as novas metabolopatías que se incluirán no Plan galego de cribado neonatal son: a Atrofia Medular Espinal (AME), a Inmunodeficiencia Combinada Grave (IDGC) e a Hiperplasia suprarrenal conxénita

14/09/22 | 15:03 | C. de Sanidade

Fernández-Tapias anuncia a adxudicación dos proxectos de reforma de dúas unidades do Hospital Público Álvaro Cunqueiro

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, informaron da creación dunha unidade de rehabilitación cardíaca anexa a cardioloxía e dun novo espazo para o servizo de Hospitalización a Domicilio
 

14/09/22 | 13:42 | C. de Sanidade

Os 106 médicos que a Xunta incorporará neste mes ás prazas de difícil cobertura cubrirán máis de 2.500 gardas de PAC ao ano

O conselleiro de Sanidade lembrou hoxe no Parlamento de Galicia que este aumento de cobertura se producirá grazas a unha reforma legal aprobada co voto en contra da oposición
 

13/09/22 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta tres casos máis de gripe aviaria en mascatos

Os casos positivos corresponden a individuos recollidos no Grove, Muros e Carballo, que logo foron trasladados aos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre
 

12/09/22 | 16:32 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 2,7 M€ de euros as obras de adaptación da nova área de hemodinámica de Ourense

Nas obras inclúese as de instalación dos novos equipos xa adxudicados de radioloxía e neurorradioloxía vascular intervencionista que suporán un investimento de case tres millóns de euros en equipamento para esta Área Sanitaria

12/09/22 | 14:58 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 70 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 11 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico

12/09/22 | 14:31 | C. de Sanidade

Sofía López Linares, toma posesión como nova directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria

A nova directora xeral é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo, ocupando, até o de agora, o cargo de Xefa de Servizo no centro de saúde Illas Canarias de Lugo, labor que viña desempeñando desde o ano 2015.

10/09/22 | 13:00 | C. de Sanidade

A Xunta apoia o desenvolvemento de proxectos e investigacións sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual con preto dun millóns de euros

O Executivo galego mantén aberto ate o vindeiro 26 de setembro o prazo de solicitude da liña de subvención destinada a apoiar ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de saúde vencellados a estas enfermidades

10/09/22 | 10:20 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.368 casos activos por coronavirus

Un total de 670.560 pacientes xa están curados