Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Novas tecnoloxías:

17/01/22 | 09:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 870 persoas participarán nos primeiros exercicios para optar a 70 prazas de Policía Local de 29 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva de persoas admitidas e e excluídas para a primeira proba de coñecementos e os exentos de participar na segunda sobre lingua galega

15/01/22 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dotación de equipamento do GES da Cañiza coa entrega dun camión de emerxencias para intervencións en incendios

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste vehículo 4x4 tipo Bomba Rural Pesada equipado para intervir en lumes urbanos, industrias e forestais e que permite acceder a todo tipo de zonas

11/01/22 | 17:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Meis tras anunciarlle a concesión dun vehículo de emerxencias

O delegado territorial en Pontevedra visita a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 34 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”

11/01/22 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais, esclarece un incendio no concello de Camariñas

Na investigación tomouse declaración ao presunto autor dun lume provocado polo lanzamento de artefactos pirotécnicos

10/01/22 | 12:17 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 49 persoas por 37 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 7 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 9 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 48 chamadas por accidentes de tráfico

07/01/22 | 09:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

01/01/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade Operativa de drons da Axega foi alertada en máis de cen ocasións para a busca de persoas desaparecidas desde a súa creación

Desde o 2020, esta Unidade do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias superou a vintena de alertas anuais, sendo o verán a época na que máis casos se rexistraron

30/12/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e forzas de seguridade controlarán que os locais de lecer nocturno que anunciaron o peche non abran entre esta noite e o 3 de xaneiro

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, reuníronse con representantes das forzas e corpos de seguridade para coordinar o control das medidas de prevención

29/12/21 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta retirou este ano máis de 14.600 niños de vespa velutina no marco do plan posto en marcha cos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños e da central de chamadas do 012 para abordar a renovación da encomenda

28/12/21 | 18:10 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade solicita o uso responsable do 061 como número exclusivo para a atención ás emerxencias e os casos graves da covid-19

Lembra o uso do número 881 54 00 45 para a consulta de información, dúbidas ou síntomas leves relacionados co coronavirus