Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

24/10/22 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación da plataforma da ponte da estrada PO-354 en Loureza, no concello de Oia

O obxectivo é definir a solución construtiva para a ampliación do treito da vía situado no punto quilométrico 9+070 e dotar a estrada autonómica de 2 carrís con beiravías
 

23/10/22 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Cidade da Xustiza de Vigo inicia este luns o traslado dos órganos xudiciais tras recibir máis de 5.000 visitas

As xornadas de portas abertas remataron o pasado venres e a súa posta en funcionamento comeza mañá polos xulgados Contencioso-Administrativo

23/10/22 | 10:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza a instalación de dúas paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente

As obras, cun investimento de máis de 48.000 euros, consistiron na instalación de dúas paradas de autobús en ambas as marxes da vía, en torno ao punto quilométrico 25+230
 

22/10/22 | 10:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de acondicionamento da parada de autobús da estrada PO-308 en Laño, no concello de Poio

Os traballos, cun investimento de máis de 32.000 €, incluíron o traslado da marquesiña situada no punto quilométrico 9+460 ata a cuña de deceleración do punto 9+400
 

21/10/22 | 14:59 | C. de Sanidade

A Xunta licitará antes de rematar o ano a reforma das urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por 1,1 millóns de euros

O conselleiro de Sanidade avanzou, no 25 aniversario do centro, que os orzamentos da Xunta para 2023 consignan 450.000 euros para iniciar a obra e acometer a limpeza da fachada

21/10/22 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación da información pública do proxecto de trazado e do estudo de impacto ambiental da Variante de Ribeira

Esta infraestrutura estratéxica para Ribeira e a súa área suporá un investimento de 10,3 M€, incluíndo as expropiacións necesarias para a súa execución
 

21/10/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que o vindeiro mes quedarán rematadas as obras de ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña cun investimento da Xunta de 336.000 €

Explica que se dotan 15 prazas de aparcadoiro na zona dos antigos depósitos de augas residuais, aproveitando e poñendo en valor a zona dunha infraestrutura que estaba en desuso; e 16 na explanada que xa viña funcionando como aparcadoiro

21/10/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras da nova senda entre Oleiros e Leirado, en Salvaterra de Miño

A intervención comezará en novembro e contará cun prazo de execución de 12 meses

21/10/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita a reforma do ximnasio e os vestiarios do IES Alexandre Bóveda tras o inicio da obra cun investimento de 337.000 euros

A delegada territorial de Xunta en Vigo informou da adxudicación da mellora no instituto do barrio de Coia

21/10/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de construción da 1ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo

Esta intervención na estrada PO-323 suporá un investimento autonómico de 2,5 M€ e ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible nesta vía de entrada á cidade, a través de actuacións de acougado do tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís