Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

08/03/21 | 12:49 | C. de Facenda e Administración Pública

O seguimento da folga do 8-M na Administración autonómica está a ser dun 4,34%

En Educación é do 2,42%, en Sanidade do 3,07% e na Administración de Xustiza dun 9,65%

08/03/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 231 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 121 dispositivos con 556 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

04/03/21 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o primeiro Plan xeral de xestión e mellora dos servizos públicos do sector autonómico galego 2021-2023

Feijóo sinala que contará con 26 medidas prioritarias repartidas en 10 eixos, que se desenvolverán nos vindeiros 3 anos e serán aplicables tanto á Administración xeral da Xunta como ás entidades instrumentais autonómicas

04/03/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case 34.000 euros para construír un parque infantil no concello de Fornelos de Montes

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, esta actuación financiada ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público

03/03/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na dinamización social de Lobios cunha achega para a ampliación do local veciñal de Puxedo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras que se fixeron cunha axuda de case 17.000 euros para potenciar as actividades dunha asociación enclavada no espazo natural da Serra do Xurés

02/03/21 | 19:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta detalla a máis dun cento de concellos o sistema para que poidan repartir con axilidade as súas axudas ao sector da hostalería

A Administración autonómica tramitará os pagos para que os concellos poidan dar directamente as axudas aos beneficiarios do seu propio municipio

28/02/21 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibiu máis de 5.700 denuncias de concellos para colaborar na tramitación de sancións relacionadas coa covid-19 en ámbitos da súa competencia

Esta colaboración enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp ao que se adheriron 176 concellos, máis da metade dos municipios galegos

26/02/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello do Irixo cun espazo para fomentar a conciencia ecolóxica

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o proxecto “Irixoga”, que inclúe xogos adaptados a distintas idades e unha mesa de traballo para realizar labores de plantado ou coidado de especies vexetais

26/02/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde do Irixo

O delegado territorial fixo balance das inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando o recente anuncio da Consellería do Medio Rural de integrar, dentro da segunda fase do plan de pastos, montes veciñais do concello do Irixo