Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

28/04/20 | 12:29

Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta para apoiar a recuperación do turismo nas Rías Baixas

O conselleiro de Cultura e Turismo, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, mantivo unha videoconferencia con representantes de Viajes Interrías

28/04/20 | 11:05

Galicia demanda ao Estado un protocolo de actuación específico para os casos de posibles enfermos por coronavirus a bordo dos buques

Rosa Quintana e Jesús Vázquez Almuiña solicitan nunha carta ao ministro de Sanidade que o Goberno defina as competencias e funcións de cada un dos departamentos implicados neste tipo de casos para lograr unha maior eficiencia e eficacia no uso dos medios dispoñibles e na atención ás tripulacións

28/04/20 | 10:53 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 6.947 casos infectados por coronavirus

Un total de 1.841 persoas xa foron dadas de alta

28/04/20 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en marcha unha campaña para animar á cidadanía a consumir produtos agroalimentarios galegos durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus

O obxectivo é concienciar á sociedade da importancia de apoiar o agro galego non só pola calidade das súas producións, senón tamén polo seu papel fundamental á hora de asegurar o abastecemento durante o estado de alarma

28/04/20 | 09:14 | C. do Medio Rural

A Xunta flexibiliza as condicións para que os agricultores de autoconsumo poidan realizar con maior facilidade os desprazamentos ás súas leiras

A medida, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, apróbase tras os resultados da evolución da emerxencia sanitaria e a implementación das medidas adoptadas durante as últimas semanas

27/04/20 | 18:51 | C. de Sanidade

Almuiña insiste na necesidade de incluír unha cláusula territorial para adaptar a reactivación social e económica a cada Comunidade Autónoma

Incide en que a área sanitaria sexa a delimitación xeográfica e plantexa distintas franxas horarias para o desconfinamento dos nenos e dos máis maiores

27/04/20 | 14:46 | C. de Sanidade

A Delegación viguesa da Xunta facilita de balde mascarillas para os nenos e nenas de Vigo a través das farmacias e Cáritas

Estas unidades dirixidas aos nenos e nenas de entre 2 e 14 anos foron confeccionadas pola rede de costura formada por 300 voluntarios e voluntarias

27/04/20 | 14:21 | C. de Sanidade

As tres unidades móbiles de resonancia magnética do Sergas reanudan a súa actividade nos hospitais de o Barco, Barbanza e Pontevedra

A reactivación destes equipos volve poñer a disposición da cidadanía unha tecnoloxía diagnóstica de vangarda preto dos seus lugares de residencia, evitándolles o desprazamento aos grandes centros de referencia

27/04/20 | 13:34 | C. de Sanidade

Sanidade destina 669.000 euros á investigación no ámbito da medicina xenómica

Os beneficiarios do convenio asinado hoxe entre o conselleiro de Sanidade e o reitor da USC serán os usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, a través do acceso a nodos de información xenómica moi importantes para a mellora do diagnóstico e tratamento de doenzas que inciden negativamente na calidade de vida das persoas

27/04/20 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recoñece o esforzo e comprensión das nenas e nenos e dos profesionais dos centros de menores durante a emerxencia sanitaria

O Goberno galego mantivo un contacto constante cos responsables destes centros, achegou material tecnolóxico para os menores, reforzou o persoal e realizou probas diagnósticas nos casos que foi necesario