Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

05/05/20 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva entregadas á cidade de Lugo máis de 51.400 unidades de protección contra o Covid-19

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que hoxe mesmo o Goberno autonómico enviou á capital da provincia o quinto envío que incluíu máis de 5000 novas unidades, entre mascarillas, traxes, pantallas de protección facial e batas

05/05/20 | 12:42 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.819 casos activos por coronavirus

Un total de 6.561 pacientes xa están curados

05/05/20 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao sector das perruquerías unha guía con medidas preventivas a ter en conta no reinicio da actividade

O documento recolle medidas a ter en conta na reapertura, como elaborar un plan de limpeza e desinfección dos locais; establecer protocolos para evitar o contaxio no caso de que xurdan síntomas estando no traballo, e preparar quendas de rotación entre o persoal

04/05/20 | 19:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda ao Goberno un protocolo único de medidas de hixiene no transporte público e un fondo de compensación estatal que asegure a súa sostibilidade

O Goberno galego incide na necesidade de contar con medidas claras que permitan garantir os imprescindibles servizos públicos de transporte con seguridade para a saúde dos traballadores e dos usuarios

04/05/20 | 18:13 | C. de Sanidade

Os recursos asistenciais do Sergas na atención ao COVID-19 superan os mínimos establecidos polo Goberno central

O Plan de continxencia prevé distintas fases de ocupación na rede convencional, privada e extrahospitalaria

04/05/20 | 17:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realizou case 800 actuacións de desinfección nas contornas de centros de saúde e residencias na provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios realizaron voluntariamente “un traballo fundamental para axudar á contención do virus nos concellos rurais”

04/05/20 | 17:07 | C. de Sanidade

A Xunta considera imprescindible o aumento de prazas MIR e EIR na vixente convocatoria

Solicítase naquelas especialidades máis deficitarias, ademais de noutras de áreas de coñecemento especialmente vinculadas á atención de pacientes por COVID-19

04/05/20 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe da empresa Moonoff unha doazón de 100.000 mascarillas que chegarán aos concellos galegos a través da plataforma loxística Clonegal

Esta nova entrega de material aos concellos sumase ás máis de 1,5 millóns de unidades de protección que xa teñen recibidas e que no caso das sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual

04/05/20 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 115 millóns de euros as obras da primeira fase do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra

As empresas interesadas nesta actuación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xuño

04/05/20 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega hoxe alimentos agropecuarios ao Hospital Clínico Universitario de Santiago a través da rede de Mercaproximidade

O reparto de produtos agroalimentarios estase a levar a cabo noutros hospitais galegos, así como en comedores e entidades sociais