Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

07/05/20 | 11:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.747 casos activos por coronavirus

Un total de 6.959 pacientes xa están curados

07/05/20 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 573.025 unidades de protección aos concellos e centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 290.200 luvas, 251.336 máscaras, 15.796 traxes, batas, pantallas e produtos de desinfección

06/05/20 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O teléfono de atención e información á cidadanía 012 recibiu máis de 70.000 chamadas dende o inicio do estado de alarma

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as instalacións do servizo, onde agradeceu o labor dos xestores telefónicos durante estes días, nos que atenderon unha media de 1.000 chamadas diarias con dúbidas relacionadas co coronavirus

06/05/20 | 14:37 | C. de Sanidade

Sanidade traslada ao Ministerio a proposta para que Galicia pase á Fase I e se flexibilice a mobilidade en todo o territorio

Segundo o conselleiro Vázquez Almuiña, a unidade territorial de actuación sanitaria sobre a que levar a cabo medidas restritivas de mobilidade, de aconsellalo así os indicadores, debe ser aquela que, en cada caso concreto, se demostre como a máis efectiva

06/05/20 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O posto de mando avanzado da Delegación territorial de Ourense analiza as accións que a Xunta está a desenvolver durante a crise sanitaria do coronavirus

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, presidiu a reunión semanal deste equipo cuxo obxectivo é a coordinación entre concellos e Goberno galego na loita contra o COVID-19

06/05/20 | 14:06 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia desenvolverá unha plataforma tecnolóxica para obter diagnósticos microbiolóxicos fiables de calquera patoloxía infecciosa

O proxecto foi concedido antes da aparición do coronavirus e agora cobra especial relevancia para diagnosticar o COVID-19 e outros patóxenos

06/05/20 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta envía esta semana 25.000 novas unidades de protección aos 67 concellos da provincia de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explica que dende que comezou a crise sanitaria o Goberno galego entregou aos municipios da provincia 109.000 máscaras cirúrxicas e 158.600 guantes, entre outro material

06/05/20 | 11:08 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.808 casos activos por coronavirus

Un total de 6.802 pacientes xa están curados

05/05/20 | 14:56 | C. de Sanidade

Galicia reitera ao Estado a necesidade dun protocolo de actuación específico para os casos de posibles enfermos por coronavirus en buques nacionais que operan só en España

Rosa Quintana e Jesús Vázquez Almuiña solicitan nunha nova carta ao ministro de Sanidade que clarifique a situación nestas embarcacións posto que na súa resposta fai referencia a un protocolo para buques que operan noutros países

05/05/20 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta e o Concello acadan un principio de acordo sobre o convenio de colaboración para o impulso do novo hospital público da Coruña

O Goberno galego remitiralle de forma inmediata á Administración local unha nova proposta de convenio que reflicta os aspectos acordados hoxe, co obxectivo de que poida ser asinado o antes posible