Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

06/09/20 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas da Mariña e Terra Chá

Estas intervencións desenvolveranse desde o luns nas estradas LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, e na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade

05/09/20 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza en catro ríos do Concello de Arteixo

No marco desta intervención estase a traballar nos ríos Seixedo e Arteixo, e nos regos de Vidueiro e Sisa

04/09/20 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria na travesía de Sada coa instalación de sinais led para unha mellor visibilidade dos pasos de peóns

Trátase de incrementar seguridade de veciños e usuarios que transitan a pé pola travesía da estrada autonómica AC-163 que discorre paralela ao paseo marítimo

03/09/20 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitera a súa disposición e interese en acadar unha solución xurídica sobre a dragaxe da ría do Burgo que non implique parar indebidamente a actividade marisqueira

A Consellería de Infraestruturas dirixiuse ata en catro ocasións nas últimas semanas ao secretario de Estado de Medio Ambiente solicitando unha reunión e demandou a convocatoria inmediata dun encontro entre os servizos xurídicos sen obter resposta

03/09/20 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de dotación de abastecemento ao núcleo de Prado, no municipio de Friol, cun investimento de 180.000 euros

Executouse o sistema de captación nas inmediación do núcleo de Silvela, e un depósito con capacidade para 75.000 litros, que funciona con enerxía solar

03/09/20 | 10:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na vía de altas prestacións VG-2.1, en Monforte de Lemos, fan necesario hoxe o corte do tráfico en dous ramais

O ramal 1 e o acceso á estrada N-120 permanecerá pechado entre as 8 e as 13 horas e o ramal 2, entre as 14.30 e as 18 horas

02/09/20 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Preto de 2.000 menores de 21 anos da provincia de Ourense viaxan de balde no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta ‘Xente nova’ tras dous meses e medio de funcionamento

O maior número de usuarios mozos nesta área pertence á capital da provincia, con 728 dispositivos, seguidos polos 340 de Barbadás

02/09/20 | 11:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a comezos do vindeiro ano os veciños de Sada e Oleiros terán ao seu servizo máis de 1 quilómetro de sendas seguras en Fontán e entre Mandín e As Torres

Vázquez Mourelle sinala que a senda peonil e ciclista na estrada AC-163 facilitará o acceso a Fontán, completando o itinerario entre Pazos e Sada