Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Industria:

10/09/20 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta advirte do forte impacto negativo na poboación e na economía de Galicia da prolongación no tempo da supresión dos servizos ferroviarios anulados durante o estado de alarma

Ethel Vázquez salienta que o déficit en infraestruturas e servizos de tren resta competitividade ao territorio e impide a miles de cidadáns o exercicio efectivo do seu dereito á mobilidade

10/09/20 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os avances nos traballos da senda peonil e ciclista en Portomarín, fan necesario o desvío do tráfico en horario laboral hoxe e mañá na estrada autonómica LU-633

Trátase de progresar na execución deste itinerario continuo de 260 metros desde a zona do albergue de peregrinos ata a entrada da ponte de acceso á vila

10/09/20 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/09/20 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/09/20 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de reforzo da seguridade viaria de condutores e peregrinos na estrada AC-934, en Sobrado, co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano

A actuación conta cun investimento de máis de 1,6 M€ millóns de euros e consiste en acondicionar un tramo de 4,5 quilómetros da vía que transcorre integramente por este municipio, entre o límite da provincia e o cruce de Abeleiras

09/09/20 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos da senda peonil e ciclista na estrada LU-633 en Portomarín farán necesario o corte de tráfico durante o horario laboral este xoves e venres

Avanza a execución deste itinerario continuo de 260 metros desde a zona do albergue de peregrinos ata a entrada da ponte de acceso á vila

09/09/20 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que a renovación do firme da autovía AG-53 entre Dozón e San Cristovo de Cea estará finalizada en outubro logo dun investimento de 4,8 millóns de euros

Remataron xa os traballos de reposición do pavimento na calzada no sentido Santiago-Ourense, centrándose agora a execución no sentido contrario e acadando un grao de execución do 50%

09/09/20 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de construción dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba, ao seu paso polo Concello das Pontes

Esta actuación, cun investimento de máis de 583.000 euros, conta cun prazo de execución duns seis meses

08/09/20 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabrirá ao tráfico a rúa Marcelo Macías en sentido entrada a Ourense todos os días a última hora da tarde para minimizar as afeccións aos usuarios e aos comerciantes da zona

Se os traballos avanzan ao ritmo esperado, a finais de outubro será posible reabrir de forma permanente ao tráfico Marcelo Macías sentido Ourense

07/09/20 | 17:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os avances nas obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica a Coruña-Carballo farán necesario cortes de carril desde hoxe e durante esta semana

As obras estarán debidamente sinalizadas e minimizarase a afección ao tráfico limitando os cortes de carril a un, agás, puntualmente, nos ramais