Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

10/05/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita os mozos galegos a facer o Camiño e reafirmar o compromiso cos valores que representa, que son os valores de Europa

O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, recibiu no Obradoiro a profesores e alumnos do colexio Cristo Rey de Ferrol, que fixeron por etapas o Camiño Inglés como colofón da súa participación no proxecto “O Teu Xacobeo”

10/05/22 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como base da recuperación do turismo

Nava Castro participou no Foro Económico Español “La Galicia que viene”, organizado polo periódico “El Español”, e nas xornadas “Ano Santo Xacobeo: impacto social e económico”, organizado pola Cámara de Comercio da Coruña e o Banco Sabadell

10/05/22 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica as axudas para as Q de Calidade Turística

As axudas están dirixidas a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das normas UNE ao obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q

09/05/22 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta escolle os 10 finalistas da súa segunda edición

O comité de selección avaliou as presentacións dos 15 aspirantes, aos que puido interpelar sobre as súas previsións e modelos de negocio de cara á saída aos mercados

08/05/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promociona o Xacobeo e o destino Galicia en Italia e no País Vasco en dúas feiras turísticas

A comunidade estivo presente esta fin de semana nas feiras “Expovacaciones”, en Barakaldo e na “Travel Show 2022” en Roma co obxectivo de seguir a promover a nivel internacional a celebración do Ano Santo

07/05/22 | 16:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as rondallas de Ferrol como exemplo de éxito na promoción do destino a través da tradición

A directora de Turismo, Nava Castro, foi nomeada nesta edición Madriña Honorífica

06/05/22 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita a “quedar en Galicia” e a desfrutar da súa oferta da man da nova edición do Bono Turístico

O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, fixo entrega en Outes da primeira tarxeta do bono #QuedamosEnGalicia22”, unha iniciativa pensada para reactivar o consumo interno en temporada baixa

05/05/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coloca unha placa no Monte do Gozo para dar a coñecer os dereitos humanos aos máis novos

Forma parte da primeira “Ruta dos Dereitos Humanos”, un proxecto en curso levado a cabo pola asociación estadounidense sen ánimo de lucro “International Solidarity for Human Rights”

04/05/22 | 19:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a apertura, a vindeira semana, do primeiro albergue de peregrinos do Camiño de Inverno no Saviñao

Confirma que a este centro de peregrinos se sumará outro en Carballeda de Valdeorras

04/05/22 | 15:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel clave da investigación e da divulgación para a conservación do camiño

Nava Castro participou na presentación do libro de Antón M. Pazos, “Nineteenth Century European Pilgrimages. A New Golden Age”