Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Sanidade:

04/07/22 | 14:53 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas ao destinar máis de 6 M€ ata 2023 para a conservación deste espazo natural

Subliña que o programa de actuacións recolle a conservación e mellora da biodiversidade, a recuperación da vexetación autóctona, medidas para a eficiencia enerxética ou a renovación de infraestruturas e servizos

02/07/22 | 10:03

O Parque Nacional das Illas Atlánticas oferta este verán 350 rutas guiadas con preto de 4.000 prazas

Aínda que estes itinerarios son gratuítos, os visitantes deberán facerse cargo do transporte ata a illa

01/07/22 | 15:55

As Bandeiras Verdes de Galicia consolídanse na súa terceira edición ao recibir o triplo de candidaturas que en 2020

Ángeles Vázquez fai un balance moi positivo da reacción dos concellos ante esta iniciativa logo de recibir 20 propostas

01/07/22 | 15:07

A Xunta impulsa a promoción de 320 vivendas protexidas nas cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo ao licitar hoxe por 2,7 M€ a redacción dos seus proxectos

Ángeles Vázquez salienta que grazas a esta última licitación, o barrio coruñés de Xuxán vive un “momento crucial” cun total de 138 VPP proxectadas ou en construción

30/06/22 | 10:31

A Xunta convoca o novo Bono Alugueiro Mocidade, que se poderá solicitar por medios electrónicos desde mañá

As axudas van dirixidas a facilitar ás persoas de entre 18 e 35 anos o pago da súa vivenda ou habitación habitual en réxime de alugamento ou de cesión de uso

29/06/22 | 15:12

A Xunta resolverá en xullo as ordes de axudas para proxectos e actuacións nas 7 reservas de biosfera

Cun orzamento total de máis de 5 M€, o Goberno autonómico convocou o pasado mes de febreiro unha liña de incentivos dirixida aos órganos xestores destes espazos e outra destinada especificamente a concellos e entidades presentes nestas zonas

29/06/22 | 12:45

A Xunta convoca axudas para proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas por máis de 1,6 M€

As subvencións outorgaranse por concorrencia competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de hoxe

28/06/22 | 18:47

Ángeles Vázquez salienta o carácter pioneiro da futura Lei de áreas empresariais de Galicia, que xogará un papel clave para reactivar a economía

No debate de totalidade da norma, a responsable autonómica destaca que achegará seguridade xurídica para captar investimentos e axilizar a implantación de tecido produtivo na Comunidade, xerando emprego estable e de calidade

28/06/22 | 15:32

A Xunta salienta a importancia do proxecto Forvalue para garantir a protección dos valores paisaxísticos e evitar a perda da biodiversidade

Esta iniciativa ten como obxectivo compartir experiencias e xerar ferramentas que favorezan a resiliencia do territorio fronte aos incendios

27/06/22 | 14:58

A Xunta saca a concurso máis de 344.000 m2 de solo empresarial para venda ou alugamento

As empresas interesadas en adquirir parcelas terán a súa disposición 213.817,50 m2 nos parques empresariais de Morás, A Sionlla, Bértoa, As Gándaras e O Pereiro de Aguiar