Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

14/10/22 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias celebra a instalación nos locais do Casco Vello da Asociación cultural Évame-Oroza que conmemorará o centenario do nacemento do escritor

A delegada da Xunta en Vigo visitou o baixo onde terá a súa sede o colectivo formado por representantes da sociedade viguesa como os pintores Menchu Lamas e Antón Patiño, o xornalista Alberto Avendaño e o letrado Antón Beiras Cal

14/10/22 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima ás empresas a adherirse á nova campaña do Bono Cultura da Xunta

Mañá abre o prazo para que as entidades poidan sumarse a esta iniciativa que ofrecerá descontos do 50% na compra de libros, música en formato CD ou vinilo, entradas para museos, cines, concertos ou espectáculos escénicos, entre outras

13/10/22 | 20:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
13/10/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias celebra a fortaleza do asociacionismo veciñal de Lugo, que festexa o 23 de outubro o Día do Veciño

A Xunta apoia o evento coa distribución de produtos alimentarios galegos con distintivo de calidade e o patrocinio do concerto de Treixadura

13/10/22 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova longa de animación de Alberto Vázquez producida con apoio da Xunta

A Coruña acolle esta tarde a preestrea do filme, que acaba de exhibirse con moi boas críticas no Festival de Sitges e que poderá verse nas salas comerciais a partir do 21 de outubro
 

13/10/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Galicreques acolle a estrea en Galicia do espectáculo ‘Tolo’, coprodución galego-turca con participación da Xunta

O Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe, en Istambul, promoveron a unión da compañía galega Cinema Sticado e a turca Tíyatro Eksen no marco do seu traballo conxunto como parte da Eurasia Theater Association
 

10/10/22 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Ourense ‘Contos e cantares no Camiño’

Este evento significa a volta de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro aos espectáculos de índole musical e literaria