Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

07/12/20 | 11:10

Medio Ambiente abre a participación pública para a declaración das Brañas e Fragas do Alto do Gaiteiro en Mesía como espazo privado de interese natural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a participación pública a memoria deste proxecto de ámbito privado

03/12/20 | 14:22

A tempada de lobos mariños adiántase este ano coa localización e rescate dos dous primeiros exemplares na costa galega

‘Rube’ e ‘Pabbar’, dous cachorros que apareceron en Valdoviño e Malpica, respectivamente, recupéranse en Nigrán antes de poder regresar a mar aberto

01/12/20 | 13:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a Arigal a seguir traballando a prol dunha minaría autóctona e sustentable

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá na clausura da Asemblea xeral extraordinaria da Asociación galega de áridos

01/12/20 | 11:10

Os veciños de Rairiz de Veiga disporán dun punto limpo móbil para a recollida de residuos urbanos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo un encontro coa rexedora municipal á que lle trasladou que a Deputación de Ourense resultou beneficiaria dunha axuda para mellorar a xestión dos residuos, así como para a posta en marcha dun proxecto de fomento da compostaxe ‘in situ’

25/11/20 | 12:54

Ángeles Vázquez anima a apostar este Nadal polas plantas autóctonas de produción local como elemento decorativo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Estrada, José López, visitaron esta mañá o viveiro de Romai, que conta con máis de 200.000 exemplares de acivro, unha das especies ornamentais propias de Galicia con maiores usos e aplicacións prácticas como elemento de decoración

16/11/20 | 12:50

Galicia conta coas primeiras Directrices da Paisaxe que se integrarán na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio para protexer os valores paisaxísticos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que a pretensión do seu departamento é aprobalas ao comezos no vindeiro ano, pero previamente debe ser informado polo Consello Asesor da Paisaxe e aprobado no Consello da Xunta

09/11/20 | 12:47

Medio Ambiente felicita a Porto do Son por converterse no primeiro concello da provincia en lucir a Bandeira Verde de Galicia

Trátase dun dos primeiros concellos galegos, xunto con Moaña, en acceder a este distintivo que ten como obxectivo recoñecer e premiar a aqueles municipios que destaquen polas súas boas prácticas na protección paisaxística e ambiental

07/11/20 | 11:42

A Xunta adxudica por case 42.000 euros as obras de mellora da ruta das Dúas Vertentes, no parque natural Serra da Enciña da Lastra

A actuación, impulsada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e con financiamento do programa operativo Feader, busca potenciar a utilidade pública do espazo facilitando información sobre as especies máis representativas e os seus valores naturais, ao tempo que se actúa no mobiliario e nos muros de pedra

04/11/20 | 13:56

Medio Ambiente destaca que a conciencia social sobre o valor da paisaxe se afianza en Galicia grazas aos 26 concellos que obteñen a distinción 'Vilas en Flor'

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa no acto de comunicación e entrega deste recoñecemento que pon en valor o traballo das administracións locais á hora de protexer e conservar a súa riqueza natural e paisaxística

04/11/20 | 12:23

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León rexeitan aumentar a protección do lobo porque dificultaría a súa axeitada xestión

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico está a valorar unha proposta para incluír o lobo ibérico no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que suporía a perda da súa condición de especie cinexética e máis rixidez no seu control