Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

18/03/21 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou 100.000 euros para colaborar co concello de Valga en melloras no edificio de usos administrativos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo neste inmoble ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

16/03/21 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Pol na adquisición dun vehículo eléctrico para a conservación do medio ambiente

A directora xeral de Administración Local, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as actuacións levadas a cabo no concello con apoio do Goberno galego

14/03/21 | 12:06 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez anuncia que a Xunta aprobará neste mes de marzo a Oferta de Emprego Público para 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública acudiu hoxe á reanudación das oposicións no recinto feiral de Silleda

13/03/21 | 08:52 | C. de Facenda e Administración Pública
12/03/21 | 09:55

A Xunta activa 7,4 M€ en axudas a entidades locais para previr e tratar a violencia de xénero e promover a igualdade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dos apoios que permitirán aos municipios, de xeito individual ou en xestión conxunta, desenvolver, entre outras, propostas para a conciliación e a corresponsabilidade entre mulleres e homes

11/03/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López reitera a "colaboración absoluta e compromiso máximo" da Xunta co Concello de Tomiño na súa visita institucional

O delegado territorial mantén unha reunión coa alcaldesa, Sandra González, e con representantes da corporación municipal e lembra a aposta da Xunta por este municipio do Baixo Miño tras investir 13 millóns nos últimos catro anos

10/03/21 | 17:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa coa USC na análise das competencias autonómicas e locais

A directora de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a reunión do grupo de traballo creado no seo da comisión de seguimento do convenio entre ambas entidades

10/03/21 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese cos alcaldes de Vilardevós e Verín

O delegado territorial da Xunta manifestoulle ao alcalde de Verín o seu rexeitamento pola decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal na antiga Praza de Abastos

09/03/21 | 11:56 | A Presidencia da Xunta

Galicia solicitará ao Goberno central a convocatoria dunha Conferencia de Presidentes para abordar o novo escenario tralo levantamento do estado de alarma

Avoga por seguir avanzando tamén na Comisión parlamentaria de reactivación, constituída no mes de outubro: “Propoño avanzar, concretar, pechar as propostas da comisión e reunirnos posteriormente”