Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

15/09/20 | 12:36

Medio Ambiente e o Concello de Marín avanzan nas liñas de colaboración para a futura construción do novo auditorio municipal

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión coa alcaldesa de Marín para analizar o proxecto impulsado pola administración local e definir o convenio de colaboración entre ambas administracións para garantir a construción desta infraestrutura

15/09/20 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica hoxe a convocatoria dos actos expropiatorios para executar unha nova senda que unirá Carballo e Coristanco

Os actos de levantamento de actas previas fíxanse no termo municipal de Carballo entre os días 5 e 7 de outubro; e no municipio de Coristanco para o 8 de outubro

13/09/20 | 11:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/09/20 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas das provincias de Lugo e Ourense e da comarca de Ferrol

Estas intervencións están a levarse a cabo na vía de alta capacidade CG 2.2, en Lugo e no Corgo; na estrada LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, así como na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade

12/09/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de mellora de seguridade da estrada AC-934, en Sobrado, permitirá telas rematadas este ano para facilitar a mobilidade dos condutores e dos peregrinos

A Xunta inviste máis de 1,6 M€ millóns de euros neste proxecto para acondicionar 4,5 km da vía entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras

12/09/20 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasladará á Comisión Europea os proxectos en materia de augas e mobilidade que aspiran a financiamento do novo programa Feder e do fondo de reconstrución

As reunións de Ethel Vázquez con Verónica Manfredi e con Normunds Popens, concertadas coa colaboración da Fundación Galicia Europa, estaban previstas para a pasada primavera, pero víronse aprazadas como consecuencia da covid

11/09/20 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas como unha infraestrutura estratéxica para o gran pulmón empresarial de Ourense

Resalta que Galicia ten en San Cibrao das Viñas un forte polo industrial no que operan preto de 350 empresas que dan traballo a preto de 8.000 traballadores

11/09/20 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución dunha glorieta na intersección das estradas autonómicas LU-652 e LU-546, no Concello de Bóveda

A actuación, adxudicada por un importe de 171.000 euros, comezará o vindeiro mes de outubro e terá un prazo de execución de 6 meses

11/09/20 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de sinalización de máis de 600 quilómetros de rutas ciclistas protexidas nas estradas de titularidade da Xunta

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 180.000 euros, levaranse a cabo ao longo deste outono

11/09/20 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución das obras de ampliación e reforma dos hospitais Naval e Arquitecto Marcide de Ferrol

Estas actuacións forman parte do Plan Director da Xunta para esta área sanitaria, que conta cun investimento de 56 millóns de euros e que permitirá, nunha 1ª fase, incrementar nun 54% máis a súa superficie hospitalaria