Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

31/05/20 | 16:41 | A Presidencia da Xunta

Feijóo recorda que Galicia ten unha renda de inclusión desde hai case 30 anos e pide que sexan as comunidades as que xestionen o ingreso mínimo vital

Expresa o seu desacordo cos “volantazos” que, ao longo das últimas semanas, se sucederon no seu deseño e pide que non se entre nunha discusión que afonda na desigualdade entre os cidadáns

31/05/20 | 12:48

A Xunta habilita desde mañá un teléfono gratuíto para resolver dúbidas do sector turístico sobre seguridade sanitaria

Poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres de 10,00 a 14,00 h e de 16,00 a 20.00 h ou enviar un correo electrónico a info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

31/05/20 | 11:32 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 732 casos activos por coronavirus

Un total de 9.958 pacientes xa están curados

30/05/20 | 11:30 | C. de Sanidade

Sanidade presenta unha Guía de saúde infantil para profesionais de pediatría de primaria con recomendacións sobre prevención e promoción da saúde

O grupo de traballo que elaborou esta guía, que consta de 27 capítulos, tivo un marcado carácter multidisciplinar e nel participaron 41 profesionais

30/05/20 | 11:28 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 749 casos activos por coronavirus

Un total de 9.936 pacientes xa están curados

29/05/20 | 17:03 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un acto homenaxe o vindeiro 13 de xuño para que todo o pobo galego poida expresar o seu respecto e a súa dor aos falecidos pola covid-19 e ás súas familias

Logo de que o Executivo central decretase un loito oficial de dez días, confirma que o loito oficial na Comunidade, decretado durante todo o mes de maio, finalizará o 6 de xuño

29/05/20 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O próximo luns comeza a segunda fase de reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial

A primeira fase concluíu con normalidade, coa incorporación dos xefes de servizo ou postos asimilados e as persoas que non poden teletraballar, sempre que o seu posto cumprise coas garantías sanitarias

29/05/20 | 11:32 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 773 casos activos por coronavirus

Un total de 9.896 pacientes xa están curados

28/05/20 | 14:37 | C. de Sanidade

A Xunta entregou dende o inicio da pandameia máis de 1,5 millóns de unidades de protección individual a concellos e centros sociais da provincia de Pontevedra

A administración autonómica enviou durante a presente semana máis de 25.400 máscaras, luvas e traxes a concellos da área pontevedresa, que ascenderon a 34.290 en toda a provincia

28/05/20 | 13:48 | C. de Sanidade

Sanidad accede a modificar, como lle solicitara a Xunta, a orde que calculaba o aforo das praias a partir dos seis metros da preamar

Almuiña solicitou que os estudantes universitarios poidan desprazarse entre provincias para recoller as súas pertenzas