Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

03/06/20 | 15:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta analiza coas residencias de maiores e de persoas con discapacidade da área de Pontevedra o plan de reactivación sociosanitaria

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra xunto ao director xeral de Maiores fixeron un seguimento da situación actual con 46 responsables destes centros

03/06/20 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva entregadas case 760.000 unidades de protección contra o coronavirus aos centros asistenciais de Lugo desde o inicio da crise sanitaria

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego completa hoxe o décimo envío, con 67.000 unidades para máis dunha trintena de entidades sociais públicas e privadas

03/06/20 | 11:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 678 casos activos por coronavirus

Un total de 10.033 pacientes xa están curados

03/06/20 | 09:19 | C. de Sanidade

A Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS salienta a solidariedade da cidadanía no Día Nacional do Doante e subliña a recuperación da actividade de transplante tras a crise da covid-19

ADOS lembra que no pasado ano 2019, obtivéronse os mellores resultados da historia de doazón e transplante de órganos, así como un récord histórico no índice de negativas familiares á doazón, que se situou nun 13,4%

02/06/20 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os máis de 130 coordinadores de prevención da xornada electoral comezarán a formarse este xoves

Todos eles son profesionais con formación técnica ou en prevención de riscos laborais

02/06/20 | 13:48 | C. de Sanidade

A Xunta solicitalle ao Ministerio de Sanidade avanzar cara á Fase 3 da desescalada

O informe tamén incorpora a solicitude de mobilidade interprovincial entre as catro provincias galegas

02/06/20 | 12:06 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico como elementos clave do tecido empresarial galego para afrontar os novos retos da reactivación económica e social tras a pandemia

Resalta o esforzo que está a facer o ecosistema galego de innovación e lembra que unha das primeiras estratexias foi a de impulsar a fabricación de produtos de utilidade na loita contra a covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención

02/06/20 | 11:33 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 707 casos activos por coronavirus

Un total de 9.991 pacientes xa están curados

01/06/20 | 11:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 722 casos activos por coronavirus

Un total de 9.970 pacientes xa están curados

01/06/20 | 09:44 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 29 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 31 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 48 chamadas por accidentes de tráfico