Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

21/01/20 | 14:50

O Consello de Avaliación Documental de Galicia aproba a eliminación de máis de 4000 unidades de instalación

O director xeral de Políticas Culturais e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa participaron na sexta xuntanza deste ente que ten por obxectivo favorecer a xestión eficiente do sistema arquivístico da Comunidade

20/01/20 | 11:56

A Xunta de Galicia suma unha nova forza para a celebración do Xacobeo 21 co patrocinio de Husqvarna

Internaco, o representante oficial desta empresa internacional, achegará 550.000 euros para realizar actividades vinculadas coa celebración do vindeiro Ano Santo

20/01/20 | 10:38

O hospital Álvaro Cunqueiro albergará a obra que a artista Lula Goce realizou para os Premios da Cultura Galega

O mural de gran formato titulado ‘Xa che Vigo’ reflicte espazos emblemáticos da cidade de Vigo e homenaxea á Movida e ao movemento ‘Atlántica’

18/01/20 | 19:30

Preto de 2.000 nenos e nenas achéganse no Gaiás ao máis destacado do cine infantil internacional no festival de curtas ‘Pequefilmes’

Durante toda a fin de semana a Cidade da Cultura acolle a proxección de preto dun cento de curtametraxes de 27 países en 34 sesións e obradoiros sobre cine

18/01/20 | 12:05

A Xunta recibe preto de 1000 solicitudes para formar parte da segunda convocatoria de 'O teu Xacobeo'

Esta cifra supón un incremento de preto do 50% en relación á primeira convocatoria, cando se recibiron 654 proxectos

18/01/20 | 11:36

A Xunta abrirá o luns o concurso de ideas entre a cidadanía para dotar de nome á Biblioteca Pública de Ourense

Valorarase especialmente aquelas propostas que conteñan nome de persoeiros ou colectivos relacionados co mundo do libro

17/01/20 | 16:43

Corina Porro: "A sede do CGAC contará coa asignación de fondos necesaria"

A Xunta de Galicia cumprirá o compromiso de impulsar a creación xove e contemporánea na cidade, cunha rede de espazos creativos no Casco Vello

17/01/20 | 11:48

O stand do Xacobeo 21 en Fitur permitirá recrear o Camiño de Santiago cun percorrido sensorial inmersivo

O conselleiro de Cultura e Turismo e a directora da Axencia Turismo de Galicia presentaron en rolda de prensa o espazo da nosa Comunidade nesta feira internacional que se celebrará en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro

16/01/20 | 17:14

Diego Freire representa no Salón Teatro a nova versión do seu espectáculo cómico-musical ‘Memorias dun ser humano disperso’

É tamén o autor desta proposta de Producións Dispersas, dirixida por José Campanari, da que ofrecerá mañá un pase matinal para escolares e tres funcións xerais ata o domingo na sede do CDG en Santiago