Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Infraestruturas:

30/01/20 | 11:33

20 salas privadas danlle forma en 2020 á Rede Galega de Música ao Vivo da Xunta

Publícase na web da Agadic a relación dos locais que contarán con apoio económico para programar concertos ata finais de ano

29/01/20 | 20:31

A Xunta de Galicia incrementa un 25% ata os 2,5 M€ o importe das subvencións á produción e coprodución audiovisual en 2020

Así o anunciou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na presentación da serie ‘Auga seca’, coprodución da TVG e a RTP que conta cunha colaboración da Administración autonómica de 260.000 euros

29/01/20 | 13:48

A Consellería de Cultura e Turismo presenta no Arquivo Histórico Provincial a exposición Tempo de infancia

A mostra inclúe preto dun centenar de fotografías que abranguen dende o ano 1942 ao 1997, a maioría de José Luís Vega, e documentos orixinais dos fondos de Educación e do Goberno Civil

29/01/20 | 13:42

Cultura e Turismo convoca os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga para 2020

O Diario Oficial de Galicia e o Portal da Lingua Galega fan pública hoxe a resolución pola que se convocan 11 cursos presenciais e 24 en liña

29/01/20 | 12:44

Máis de 60 carteis de 17 países presentáronse ao concurso de Cartelismo Terras Gauda – Turismo de Galicia

Os premiados, que achegaron obras para promocionar as xornadas das Rutas dos Viños, son Jesús Barbeito e Álvaro Ortiz, autores do deseño para promover a novena e décima edición desta iniciativa impulsada pola Xunta

29/01/20 | 12:15

A Xunta inclúe no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia o conxunto de Canasteves no Concello de Ponteceso

Esta construción, conformada pola fonte, a mina, o lavadoiro e a levada con canle, contará cunha protección integral na categoría de lugar de valor etnolóxico

29/01/20 | 11:45

A Xunta promove a formación e o debate entre os profesionais da industria musical no encontro ‘Atlantic Emprende + Gaiás’

O evento, que terá lugar na tarde do sábado 29 de febreiro na Cidade da Cultura, abrirá cunha charla de Brett Anderson, o vocalista da banda británica Suede

28/01/20 | 18:54

Román Rodríguez destaca que preto de 60.000 persoas visitaron o Centro Galego de Arte Contemporánea no pasado ano

O conselleiro de Cultura e Turismo presidiu hoxe o consello asesor do CGAC, un órgano creado para asesorar sobre os asuntos relacionados co museo

28/01/20 | 13:38

Román Rodríguez presenta en Madrid ‘3Caminos’ como a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021 patrocinada pola Xunta

O proxecto, encabezado pola empresa compostelá Ficción Producciones, conta coa implicación de compañías internacionais referentes neste eido como Amazon Prime Video ou Beta Films e con coprodutores de cinco países

27/01/20 | 17:49

A Xunta autoriza a inclusión do arquivo da Fundación Exponav no Sistema de Arquivos de Galicia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presidiu o Consello de Arquivos de Galicia que se reuniu hoxe e valorou positivamente esta proposta