Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

09/02/20 | 11:04

O Salón Teatro recibe cinco espectáculos de tres países como sede do 26º Festival Internacional de Teatro Universitario da USC

Celebrarase do 10 ao 14 de febreiro no espazo do CDG, onde ademais da Aula de Teatro da USC e da ESAD, actuarán compañías de Almería, Lituania e Portugal

07/02/20 | 18:04

A Xunta de Galicia destinará máis de 1,3M€ en axudas ao sector do libro e ás bibliotecas en 2020

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presidiu hoxe o Consello Asesor do Libro no que se abordaron as distintas liñas de traballo para este ano

07/02/20 | 14:00

‘Escenas do Cambio’ despídese con cheo absoluto no xuízo real a Hamlet e xuntando a tres dos mellores contacontos galegos

Un equipo xudicial en activo xulgará hoxe o personaxe de Shakespeare na Facultade de Dereito, onde o público exercerá de xurado popular

07/02/20 | 13:04

A biblioteca pública do estado en Ourense denominarase Xeración Nós

A Xunta de Galicia, como administración pública xestora deste equipamento cultural, elixiu este nome tras recibir preto de 50 propostas por parte da cidadanía

06/02/20 | 18:44

O préstamo electrónico nas bibliotecas públicas galegas creceu un 62% no último ano

Así o anunciou o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, durante a reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria celebrada no Arquivo de Galicia

06/02/20 | 13:44

A Rede Galega de Teatros e Auditorios coordinada pola Xunta contribúe á oferta cultural de Vigo con 30 actuacións escénicas

A Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Vigo cofinancian esta programación, que arranca mañá no Auditorio Municipal coa primeira das dúas funcións do espectáculo teatral ‘A compañeira de piso’

06/02/20 | 11:32

A Xunta promoverá a declaración de Ben de Interese Cultural da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

Trátase dunha tradición con máis de 350 anos de antigüidade que reúne en Lugo, a cidade do Sacramento, a representantes das sete cidades do Antigo Reino

05/02/20 | 17:26

A Xunta elaborará da man do sector un plan da danza galega para o fomento e apoio desta disciplina

O conselleiro de Cultura e Turismo avanzou que este documento será resultado dunha mesa plural que contará coa representación de todos os axentes implicados

05/02/20 | 12:17

‘Escenas do Cambio’ afronta a súa recta final co relato dunha sobrevivente do xenocidio en Ruanda e cun xuízo real a Hamlet

A guerra do país africano será contada, cantada e bailada por Dorothée Munyaneza en ‘Samedi Détente’, que se representará o xoves no Teatro Principal