Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

22/09/21 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sortea entre os seus adxudicatarios as 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no Concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial

20/09/21 | 11:56

A Xunta e o Colexio de Delineantes colaborarán co fin de enriquecer a futura Lei de arquitectura de Galicia

O colectivo, que considera esta norma unha gran oportunidade para a súa rama profesional, xa participara de forma activa na fase de consulta pública previa do texto

16/09/21 | 16:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica dúas novas vivendas de promoción pública na rúa San Francisco 15 no casco vello vigués

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Marta Fernández-Tapias, deu apertura hoxe ao sorteo na fase final de adxudicación por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo

13/09/21 | 14:53

As solicitudes de axudas por parte dos concellos para corrixir impactos paisaxísticos en edificios municipais xa esgotaron o orzamento reservado a esta liña

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu o prazo de presentación de solicitudes o sábado e durante as primeiras horas recibiu preto de 30 peticións

11/09/21 | 11:41

A Xunta anima a solicitar ata o 15 de outubro a liña de axudas para comprar vivenda en centros históricos e avanza que xa hai 39 concedidas

Este é o terceiro ano consecutivo que se convocan estas subvencións, que poden ir desde os 10.800 euros ata un máximo de 15.000 euros por vivenda

10/09/21 | 15:03

A Xunta insiste na mellora dos criterios e requisitos dos programas de vivenda con fondos europeos para mobilizar o interese social

Heriberto García trasladou que as axudas á rehabilitación se executen a través dos programas xa en marcha na comunidade, como as áreas Rexurbe ou as áreas de rehabilitación integral, para evitar atrasos na tramitación e execución das actuacións

07/09/21 | 13:02

A Xunta esgotará os fondos do programa de adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes coa concesión de máis dun cento de axudas

Ángeles Vázquez avanza que o Instituto Galego de Vivenda e Solo xa resolveu un total de 96 expedientes, por un importe de case 660.000 euros, e nas vindeiras semanas adxudicará o orzamento restante, para chegar aos 800.000 euros do importe da anualidade de 2021

31/08/21 | 14:06

A Xunta recibiu máis de mil solicitudes de axudas para mellorar a eficiencia enerxética de edificios e vivendas

Ángeles Vázquez salienta que nos últimos anos o seu departamento mobilizou preto de 51 millóns de euros para apoiar a particulares e comunidades de veciños á hora de realizar obras de conservación, accesibilidade e optimización nas súas propiedades

30/08/21 | 15:10

A Xunta amplía ata o 15 de outubro o prazo para pedir axudas para a compra de vivendas en centros históricos

A convocatoria deste ano está dotada cun orzamento total de 600.000 euros

19/08/21 | 13:02

Máis do 70% das medidas do Pacto social pola vivenda están xa en execución seis meses despois da súa sinatura

O Observatorio da Vivenda de Galicia coñeceu o contido dun informe sobre a implantación deste paquete de actuacións, co que se prevé mobilizar preto de 1.100 millóns de euros en catro anos e beneficiar a máis de 70.000 familias