Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

12/04/21 | 12:51

O Plan básico municipal do Concello de Trabada sométese desde hoxe a información pública por un período de dous meses

Todas as persoas ou entidades interesadas en participar no proceso poden presentar xa as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o 24 de marzo

12/04/21 | 11:27

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística asume as competencias inspectoras e sancionadoras de Cenlle e Boqueixón

Un total de 91 concellos delegan xa no ente autonómico o control, supervisión e restablecemento da legalidade urbanística nos seus respectivos municipios

08/04/21 | 15:38 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na concentración parcelaria de Val de Camba co acordo de reestruturación, que inclúe a proposta de novos predios para os 733 propietarios beneficiarios

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde Rubén Quintá reúnense coa Xunta Local para informarlle da apertura do proceso de información pública desta nova fase, que permanecerá aberto ata o 18 de xuño

06/04/21 | 13:13

A Xunta inicia as expropiacións para a ampliación de San Paio de Navia ás que destinará 14,5 millóns de euros

O DOG publica hoxe a resolución pola que se someten a información pública polo prazo dun mes

30/03/21 | 13:36

Medio Ambiente aproba inicialmente o Plan básico municipal do concello de Padrenda, o terceiro na provincia de Ourense

Tamén se converte no sexto concello galego en superar esta fase e que avanza na información pública necesaria para a súa aprobación definitiva e así dotarse dun instrumento básico de ordenación, previsto na Lei do solo

29/03/21 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta dá por rematada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, coa entrega de 435 títulos de propiedade a máis de 260 veciños

A Consellería destinou algo máis de 1,5 millóns de euros neste proceso, que abarca unha superficie de 435 hectáreas

24/03/21 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste 1,3 millóns de euros na parcelaria de Couso, en Coristanco, que hoxe se deu por finalizada coa entrega de case 800 títulos de propiedade

Decretaranse proximamente dúas novas parcelarias e véñense de poñer a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos, un deles no concello coruñés de Ordes

22/03/21 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega 1.437 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Órrea-Galegos, en Riotorto, a preto de 500 veciños

A Consellería do Medio Rural investiu case tres millóns de euros neste proceso, sendo o máis custoso as obras relativas á rede de camiños