Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa novas axudas por 330.000 euros para impulsar a comercialización dixital do sector artesán galego
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou hoxe en Santiago de Compostela os apoios para eventos comerciais en liña, que buscan facilitar a adaptación aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto
A Xunta apela en Curtis á dinamización e á dixitalización do comercio local como motor da reactivación económica
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, asistiu esta tarde á presentación do Club Comercio de Curtis, unha iniciativa con 20 locais de distintos sectores do concello promovida pola Asociación de Comercio deste concello
A artesanía de Galicia inclúese na oferta creativa do festival Música no Claustro cun taller de bordado de fotografías de Tui
O taller, organizado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia na Catedral de Tui, une creación e patrimonio cunha proposta contemporánea do bordado
A Xunta destaca en Mostrart o apoio ao sector artesán e a importancia da formación e o uso das novas tecnoloxías
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, xunto coa xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe na Coruña á inauguración deste encontro, no que participan un total de 29 artesáns
A Xunta facilita a tramitación das reclamacións dos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas declaradas abusivas
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Estrada nun encontro informativo sobre a devolución dos gastos hipotecarios organizado pola Federación Galega de Euroconsumo
A Xunta sinala a transformación dixital e as medidas de prevención fronte á covid-19 como claves para a reactivación do comercio
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou nun webinario impulsado polo centro ourensán La Molinera, no que informou das novas liñas Reactiva Comercio e Servizos Seguros
A nova web de Artesanía de Galicia configúrase como o gran escaparate para impulsar a comercialización do sector
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala nun encontro con profesionais deste ámbito celebrado en Noroeste Obradoiro, en Santiago de Compostela, que a innovación e o deseño, xunto coa dixitalización, son claves para a competitividade do sector
Un total de 33 obradoiros de 14 oficios diferentes participan en Santiago no encontro Sabor a artesanía
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou a feira, que se celebra durante a xornada de hoxe no Hotel NH Collection
A Xunta informa a pemes e autónomos dos apoios de ata 3.000€ para implantar medidas de protección fronte á covid-19 nos seus establecementos
O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participaron nun encontro coas tres principais asociacións de comerciantes de Santiago para informar dos novos programas Reactiva Comercio e Servizos Seguros
A Xunta apoia con 2,5 M€ ás asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, mantivo un encontro para informar das convocatorias destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións, publicadas esta semana no Diario Oficial de Galicia