Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Goberno galego:

26/07/22 | 12:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide o curso nas escolas infantís da rede pública autonómica coa entrega de orlas e fotos personalizadas para os nenos

A partir do vindeiro mes de setembro, o 100% das escolas infantís de Galicia serán gratuítas para todo o alumnado

22/07/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta creará 68 polos creativos e 7 pistas multideporte nos centros educativos e institutos da provincia de Pontevedra

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou que a iniciativa supón “un pulo do modelo educativo no eido da innovación e a transformación dixital” e unha nova vía de colaboración cos concellos para mellorar as dotacións deportivas
 

22/07/22 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aproba na provincia de Ourense 10 polos creativos e 5 pistas multideporte que estrearán centros educativos o vindeiro curso

O delegado territorial de Ourense, Gabriel Alén, explica que son dúas iniciativas novidosas postas en marcha ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

22/07/22 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza ata os 3,3 M€ o investimento no Campus Industrial de Ferrol para impulsar accións estratéxicas de investigación e internacionalización

O conselleiro Román Rodríguez sinala que a especialización dos campus periféricos é “unha oportunidade de futuro” que, no caso de Ferrolterra, “vai ter un impacto positivo no eido do naval e do sector industrial”

22/07/22 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta alerta de que a proposta do Goberno central para as escolas infantís pode deixar sen praza a unhas 2500 familias

O proxecto do Executivo central obrigaría a pechar escolas infantís e tamén diminuiría a capacidade de atención dos Puntos de atención á infancia (PAI) que hai nos concellos con menos poboación

21/07/22 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia a construción de nove pistas multideporte na provincia da Coruña en colexios e institutos o vindeiro curso

Trátase dunha iniciativa novidosa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que supoñen un investimento na provincia da Coruña de máis 500.000 euros
 

21/07/22 | 10:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia a rehabilitación integral do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, en Dodro, cun investimento de máis de 1,4 M€

O delegado da Xunta reuniuse, esta mañá, coa directora para anunciar que o centro será obxecto dunha ambiciosa actuación que suporá unha renovación integral do edificio

20/07/22 | 17:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central unha partida específica para financiar a conversión de profesores técnicos de FP en docentes de Secundaria

Na Conferencia Sectorial de Educación celebrada hoxe, Galicia pediu fondos para facer fronte a estes sobrecustos que, no caso da nosa Comunidade, se estiman en case 2,7M€

20/07/22 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 1 M€ para adaptar o colexio Curros Enríquez ao novo Plan de arquitectura pedagóxica

Román Rodríguez anuncia a licitación das obras de renovación da cuberta coas que se mellorará o illamento e se implementarán novas condicións lumínicas no interior

19/07/22 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia estrea nova sede no Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, ao servizo do prestixio académico

Román Rodríguez asegura que a entidade vai compartir sinerxías con entidades científicas “de primeiro nivel” xa instaladas no Gaiás como o Centro de Investigación Universitario en Paisaxes Atlánticas Culturais, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC ou o Consorcio Interuniversitario