Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

24/09/20 | 15:36 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Conta Xeral da Comunidade ratifica que Galicia cumpriu no exercicio 2019 os obxectivos de déficit e débeda pública establecidos no seu orzamento

Destaca que Galicia é a Administración autonómica que pagou en 2019 con máis axilidade aos provedores, cun período medio de pago de 19 días fronte aos 37,4 da media das CCAA

17/09/20 | 15:52 | C. de Facenda e Administración Pública

Feijóo destaca a primeira emisión de bonos sostibles por un importe de 500 millóns de euros

“Trátase de bonos que estarán integramente orientados aos investimentos sociais e medioambientais, á economía verde e vinculados tamén á Axenda 2030”, asevera

10/09/20 | 15:52 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o primeiro semestre sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago en Galicia foi de 13,2 días, fronte aos 32,8 de media autonómica

27/08/20 | 10:43 | C. de Facenda e Administración Pública

O IGE avanza que no 2º trimestre o PIB galego baixou por mor da covid-19 un 14,5% en taxa trimestral, catro puntos menos que a media española

O descenso do PIB no conxunto de España foi do 18,5%, segundo o dato de avance publicado xa polo Instituto Nacional de Estadística (INE)

14/08/20 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defenderá na Comisión Bilateral co Estado a legalidade das cuestións relativas ao imposto de sucesións e á Lei do solo

Lembra que a redución fiscal do imposto sobre sucesións e doazóns para as empresas que teñan o seu centro principal na comunidade autónoma é un requisito que xa se esixe desde 2002 e que existe en 8 comunidades autónomas

03/08/20 | 12:10 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 107.000 galegos recibiron unha herdanza en 2019 e non pagaron nin un euro do imposto de sucesións á Xunta

O impacto da baixada fiscal nos impostos de sucesións e transmisións patrimoniais foi en 2019 de 111 millóns, recursos que quedaron no peto dos fogares galegos

31/07/20 | 12:49 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia publica as liñas xerais do Plan de control tributario do exercicio 2020

Como novidade inclúese o control das doazóns con causa onerosa como, por exemplo, a entrega dun ben a cambio de recibir coidados e alimentación

31/07/20 | 11:13 | C. de Facenda e Administración Pública

O custo laboral en Galicia volveu acadar en 2019 o máximo nivel de converxencia con España de toda a serie histórica

Este indicador situouse en Galicia no 91,2% da media española, segundo mostra un estudo do IGE publicado hoxe

O custo laboral bruto por traballador superou por primeira vez os 29.000 euros, o que tamén supón a cifra máis alta da serie histórica

27/07/20 | 14:15 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a 2ª comunidade onde máis medrou o PIB per cápita en 2019 e acada a maior converxencia en renda con España da serie histórica, un 90,9%

O Instituto Nacional de Estadística (INE) publica hoxe os primeiros datos da Contabilidade Rexional do exercicio 2019

22/07/20 | 14:47 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia mantense como a comunidade autónoma co mellor tempo de pago a provedores, segundo o Ministerio de Facenda

Ao peche do mes de maio, o período medio de pago en Galicia é de 13,2 días, menos da metade que a media autonómica (34,9 días)