Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 287 novas da área temática Exterior:

27/11/20 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pecha a edición máis numerosa do programa TecEuropa coa participación de 70 técnicos galegos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe o acto de clausura e destacou a importancia das políticas das transicións ecolóxica e dixital nos novos fondos europeos de recuperación

24/11/20 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta a participación de pemes galegas como Edafotec no programa marco de I+D+i da Unión Europea para impulsar a internacionalización do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme viguesa Edafotec que está a desenvolver co apoio da Xunta un proxecto de innovación recoñecido co selo de excelencia da Comisión Europea

24/11/20 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto da Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento aposta pola proxección exterior da marca Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, interviu hoxe no pleno sobre o debate da totalidade do texto, no que destacou que se trata dunha norma pioneira para mellorar a proxección de Galicia a través da coordinación da acción exterior galega

23/11/20 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión de Recursos Naturais acordou celebrar en Santiago unha reunión do Comité Europeo das Rexións en maio, coincidindo co Xacobeo 2021

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión da comisión, na que se abordou o novo enfoque do Plan de Acción Atlántico co fin de contribuír a alcanzar os obxectivos previstos no Pacto Verde e de fortalecer os esforzos de recuperación dos países participantes, entre eles España

23/11/20 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca unha nova edición do curso en liña sobre turismo sostible e financiamento na UE ante a alta demanda

Xa está aberto o prazo de inscrición para esta acción formativa, que comezará o 30 de novembro

19/11/20 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal apostan pola cooperación transfronteiriza no ámbito da economía azul

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal destaca o seu compromiso co fomento da cooperación en tódolos sectores vinculados ao mar e á actividade marítima

17/11/20 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal apostan pola cooperación transfronteiriza para facer fronte ao escenario poscovid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da CCDR-N, António Cunha, para avanzar no Plan para a Reactivación da Cooperación de Proximidade na Fronteira do Norte de Portugal con Galicia

17/11/20 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Da comezo o curso TecEuropa de especialización en financiamento comunitario para entidades galegas

Máis 70 asistentes de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

03/11/20 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión apostará pola innovación, a ecoloxía e por encarar o desafío demográfico

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)

27/10/20 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central que defenda en Bruxelas o acordo pesqueiro ante o final das negociacións do Brexit

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 63ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)