Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Cultura:

25/03/22 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa unha mostra sobre o Camiño Inglés que recolle a visión artística de dúas ilustradoras

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da comisaria do Xacobeo, participaron a inauguración da mostra, que permanecerá aberta na sede de Afundación en Santiago desde hoxe e ata o 29 de abril

24/03/22 | 19:28

Ángeles Vázquez anima a seguir o exemplo de Galicia na aposta polo urbanismo responsable e avanza que o próximo fito será a nova Lei de arquitectura

A responsable galega avoga por establecer sinerxías entre comunidades e compartir experiencias para aproveitar os nexos en común á hora de repensar o territorio

24/03/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 55.400 euros no acondicionamento do Camiño de Inverno no núcleo dos Novais, en Quiroga

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que se utilizarán áridos locais no novo pavimento para lograr unha mellor integración na contorna

23/03/22 | 20:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta que a tradición hospitalaria do Camiño reforza a marca Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, impartiu a conferencia “Xacobeo. Un Camiño a Galicia” no marco das actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio da Escola Naval de Marín

23/03/22 | 19:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o Camiño de Santiago como símbolo da unión dos pobos europeos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse co Embaixador do Consello de Europa Patrick Engelberg no marco do “XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos” celebrado estes días na cidade compostelá

22/03/22 | 20:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun cento de profesionais participan en Francia nunha nova presentación internacional do Xacobeo

O Xacobeo 21-22 foi o protagonista hoxe en París na presentación que se celebrou co obxectivo de converter o Ano Santo Dobre nun motor de recuperación

22/03/22 | 19:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora no “XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos” para poñer en valor o legado da peregrinación a Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na inauguración do congreso que reunirá ata o sábado a expertos de todo o mundo para avaliar a evolución da peregrinación desde o medievo ata o viaxeiro actual

21/03/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta finaliza as obras do albergue de Vilasantar no arranque da tempada alta do Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o remate dos traballos de rehabilitación da Casa Reitoral da Laxe para acoller un novo albergue de peregrinos de 30 prazas, que estará operativo en Semana Santa

20/03/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza o XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

Máis de 30 expertos internacionais debaterán sobre o Camiño de Santiago desde a perspectiva do peregrino medieval ata a actualidade entre o 22 e o 26 de marzo

19/03/22 | 16:31 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a misión comercial a Colombia permite a Galicia afianzar a internacionalización da súa economía con acordos de colaboración no naval, tic e aeroespacial

Resalta que foi unha viaxe na que se puido constatar que o interese por estreitar lazos de colaboración entre Galicia e Colombia é recíproco, tanto a nivel económico como cultural