Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

12/08/20 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa novas axudas por 330.000 euros para impulsar a comercialización dixital do sector artesán galego

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou hoxe en Santiago de Compostela os apoios para eventos comerciais en liña, que buscan facilitar a adaptación aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto

06/08/20 | 21:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela en Curtis á dinamización e á dixitalización do comercio local como motor da reactivación económica

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, asistiu esta tarde á presentación do Club Comercio de Curtis, unha iniciativa con 20 locais de distintos sectores do concello promovida pola Asociación de Comercio deste concello

03/08/20 | 18:04 | C. de Economía e Industria

A artesanía de Galicia inclúese na oferta creativa do festival Música no Claustro cun taller de bordado de fotografías de Tui

O taller, organizado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia na Catedral de Tui, une creación e patrimonio cunha proposta contemporánea do bordado

30/07/20 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Mostrart o apoio ao sector artesán e a importancia da formación e o uso das novas tecnoloxías

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, xunto coa xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe na Coruña á inauguración deste encontro, no que participan un total de 29 artesáns

27/07/20 | 20:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta facilita a tramitación das reclamacións dos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas declaradas abusivas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Estrada nun encontro informativo sobre a devolución dos gastos hipotecarios organizado pola Federación Galega de Euroconsumo

16/07/20 | 18:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala a transformación dixital e as medidas de prevención fronte á covid-19 como claves para a reactivación do comercio

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou nun webinario impulsado polo centro ourensán La Molinera, no que informou das novas liñas Reactiva Comercio e Servizos Seguros

07/07/20 | 12:10 | C. de Economía e Industria

A nova web de Artesanía de Galicia configúrase como o gran escaparate para impulsar a comercialización do sector

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala nun encontro con profesionais deste ámbito celebrado en Noroeste Obradoiro, en Santiago de Compostela, que a innovación e o deseño, xunto coa dixitalización, son claves para a competitividade do sector

05/07/20 | 13:04 | C. de Economía e Industria

Un total de 33 obradoiros de 14 oficios diferentes participan en Santiago no encontro Sabor a artesanía

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou a feira, que se celebra durante a xornada de hoxe no Hotel NH Collection

03/07/20 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa a pemes e autónomos dos apoios de ata 3.000€ para implantar medidas de protección fronte á covid-19 nos seus establecementos

O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participaron nun encontro coas tres principais asociacións de comerciantes de Santiago para informar dos novos programas Reactiva Comercio e Servizos Seguros

20/06/20 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 2,5 M€ ás asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, mantivo un encontro para informar das convocatorias destinadas a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións, publicadas esta semana no Diario Oficial de Galicia